GMH/ÍNDICE A-Z

D199
1459, maio, 21

Sentenza pola que os representantes da confraría de Santa Eufemia, dos zapateiros, deberán devolver o peñor que tomaron a Xil Iáñez por si mesmos, sen mandamento xudicial. (fol. 60v)

Confrarias de San Migueel e de Santa Oufemea.

A XXI dias de mayo en Ourense os ditos alcalldes, audiençia da terça, mandaron por sentença Afonso Peres et Rodrigo Cadrado e Garçia çapateiro et aos outros çapateiros et moordomos de Santa Oufemea presentes e ausentes, que oje este dito dia entregasen a prenda que tomar(an) a Gil Yanes, sopena de seysçentos mrs., por quanto o prendaran por sy meesmos sen alcallde nen justiça et que a salvo lles quedase de demandar seu dereito. Tests. Joan de San Joan, Alvaro Cheo, Rodrigo de Vilamoure, Alvaro Fernandes pregoeiro, Rodrigo barbeiro. (fol. 60v)