GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

517
1348, novembro, 9. Lugo
O Cabido de Lugo cédelle unhas decretais ao deán a condición de que este as devolva cando faleza, ou ben entregue 600 marabedís. Así mesmo, o deán comprométese a entregar no devandito prazo unhas clementinas ou 200 marabedís.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 58v.

Era de mill et CCC LXXXª et seys annos, IX dias de novembre. Seendo o cabidoo de Lugo iuntados por campanya tannuda no thesouro desa iglesia deron a don Diego Ferrnandes, dayam, hunas Degretaes que tinna Iohan Gonçalves, arçidiago de Deça, por tal condiçon que o dito dayam que as tenna en sua vida, et a sua morte que as leyxe a o dito cabidoo, ou seysçentos moravedis desta moneda del rey don Affonso. Et o dito dayan por esta gracia que lle o cabidoo fasia prometeu a leyxar a o dito cabidoo con as ditas Degretaes hunas suas Clementinas, deste dayam, que el ora ha con seu aparado, ou duçentos moravedis por elas. Et se acaesçer que Deus faça merçee a o dito dayan de bispado ou arçibispado que el entregue as ditas Degretaes et Clementinas a o dito cabidoo ou a dita cuantia de moravedis por ellas. Et para o assy comprir obligou seus beens et demays deu por fiador: don Garçia Dias, arçidiago de Sarria, el presente et outorgante, et se o arçidiago finar ou acaesçer de non seer benefiçiado en esta iglesia, que o dito dayam de outro fiador en seu lugar, et asi o outorgou.

Testemoyas: don Fernando de Deus, chantres; don Alvar Dias, arçidiago de Neyra; don Vaasco Dias, arçidiago de Deçon; o mestrescola, o iuys, thesoreyro, Iohan Ferrnandes, Iohan Dias, coengos de Lugo, et outros.

Et eu Fernan Garçia, notario publico del rey en Lugo, a esto foy pressente et esta carta scripvi et puge y meu sinal en testemoyo de verdade.