GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

646
1362, maio, 20. Lugo
O Cabido de Lugo afóralle a Vasco Rodríguez e a dúas voces a súa herdade en Castedo, freguesías de Santa María de Moreira e San Xoán de Barredo, por renda anual de cinco marabedís. Deseguido, o foreiro fai doazón da súa herdade en San Xurxo de Rebordaos.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 110r; Libros, lib. 6289 con referencia ao Lib. A, fol. 110.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos, o cabidoo da iglesia de Lugo, con outorgamento de dom Diego Fernandes, dayan dese lugar, avervamos a vos, Vasco Rodrigues de Pallares, por vosa vida et de outras duas persoas, a huna qual vos nomeardes a tempo de voso finamento, et a outra qual nomear aquela que vos nomeardes, toda quanta herdade et voz nos avemos en Casteedo et em seus terminos su sinos de Santa Maria de Moreira et de Sanyoanne de Barredo, con todas suas pertene (sic) dereyturas et pertenenças, casas, arvores et formaes, a monte et a fonte, peru quer que vaa, en esta maneyra conven a saber que vos et as ditas perssoas avedes a fazer lavrar et parar ben a dita herdade et fazer as casas dela que estan por fazer en maneyra que fiquen feytas a a morte da postrimeyra perssoa et boo estado \manteerlas/, et avedes a dar, cada anno, vos et as ditas perssoas a aquel que tever as herdades de dona Elvira Padroa, ou a o moordomo do cabidoo, çinquo moravedis, d’oyto soldos o moravedi, por dia de Santa Maria d’agosto, en paz et en salvo na villa de Lugo, et a voso finamento que a primeyra perssoa et despoys a segunda que venna reçeber do dito cabidoo o vervo, se non este vervo seia nihun.

Et eu, o dito Vaasco Rodrigues, dou-vos a vos, os ditos dean et cabidoo, a pus meu finamento et das ditas perssoas para senpre por iur d’erdade, toda quanta herdade et voz eu agora aio en Revordaos, sub sino de sam Iurio de Revordaos, con todas suas dereyturas et pertenenças, casas, arvores et formaes, a monte et a fonte, peru quer que vaan, et logo vos dous o iur et posison et propriadade dela, et outorgo que a trago et uso por vos et en voso nome precario, et a pasamento de min, o dito Vasco Rodrigues, et das ditas perssoas an de ficar as ditas herdades de Casteedo et de Revordaos a a dita iglesia de Lugo, con suas dereyturas et pertenenças, et con as ditas casas feytas et con todos los outros boos paramentos que en elas foren feytos. Et nos, os ditos dean et cabidoo, asy vos outorgamos o dito vervo da dita herdade. Et eu, o dito Vaasco Rodrigues, asy a reçebo et obligo min et meus bees por min et por las ditas perssoas para fazer et comprir et pagar todo o que sobredito he. En testemoyo desto rogamos a Domingo Peres, notario publico de Lugo, que feçese desto duas cartas en hun tenor tal huna commo outra.

Que foy feyta en Lugo vinte dias de mayo, era de mill et quatroçentos annos.

Testemoyas que foron presentes: don Diego Fernandes, dayan; don Lopo Domingues, chantre; don Ruy Fernandes, arçidiago de Neyra; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Deçon; Vaasco Dias, arçidiago de Triacastela; don Alvar Rodrigues, juyz; don Ruy Gomes, thesoreyro; Thomas Gomes, Johan Diaz, Diego Gomes, Gonçalvo Eanes, Fernando Peres, coengos da dita iglesia de Lugo, ts., et outros.

Et eu Domingo Peres, notario publico de Lugo dado pola actoridade do bispo dese miismo lugar, a esto presente fuy et a rogo das ditas partes esta carta en minna presença fiz scrivir et puge en ela meu nome et signal en testemoyo de verdade. (+).