GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

809
1379, novembro, 20. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Xoán Vidal e á súa muller e a unha voz media casa nas cortiñas de San Román por renda anual de tres marabedís.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 82v.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos o dayan et cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en cabidoo enno coro da dita iglesia por campaa tanjuda, segundo que o avemos de custume, afforamos a vos Johan Vidal, ferreyro, morador ennas cortinas de San Romao, et a vosa esposa, Aldara Ferrnandes, por en toda vosa vida d’anbos et d’outra pesoa qual o pustrimeyro de vos nomear en vida ou a tempo do seu finamento, a meatade da casa que he dos aniverssarios da dita iglesia que esta enna çibdade de Lugo ennas ditas cortinas de San Romao açerca do travado, da qual casa a outra meatade he dos andadores da dita villa de Lugo, a qual cassa esta a par d’outra casa que vos teedes aforada da capella de San Tome, sub signo da capella de Santiago, con seus jures et entradas et seydas et feytura et agoas vertes, per tal condiçon que vos que alçedes a dita casa en sobrado et a reparedes das outras cousas que estan por faser et lle perteeçen. Et a o finamento da pustrimeyra pesoa de vos que o dito foro da medea da dita casa fique livre et quito a os ditos aniversarios con todos los boos paramentos que y foren feytos. Et outrosy que dedes en cada hun anno vos et as ditas persoas, a os ditos aniversarios, tres moravedis, d’oyto soldos o moravedi, por dia de San Martino. Et eu, o dito Johan Vidal, por min et por la dita minna muller et por la dita pesoa asy reçebo o dito foro de vos, lo dito dayan et cabidoo, et obligo por todos meus bees et seus delles de o complir et pagar segundo dito he. Et nos, lo dito dayan et cabidoo, asy vos lo outorgamos o dito foro. Et desto en commo pasou rogamos a Fernando Peres, notario publico de Lugo, que feçese desto duas cartas en hun tenor signadas con seu signal, a huna enno libro de nos lo dito cabidoo, et a outra para vos o dito Johan Vidal seellada con noso seello.

Feyta en Lugo, viinte dias de novembro, era de mill et quatroçentos et des et sete annos.

Testemoyas: don Johan Affonso, dayan; don Gonçalvo Eanes, chantre; don Rodrigo Afonso, arçidiago de Deça; don Pero Aras, arçidiago de Triacastella; Fernando Peres, Tomas Gomes, coengos; Jacome Ferrnandes, Afonso Eanes et Afonso Yanes, raçoeyros da dita iglesia.

Et eu Fernando Peres, sobredito notario publico de Lugo por lo sennor obispo dese lugar, a esto que sobredito he presente foy et aqui puge meu nome et meu signal en testemoyo de verdade.