GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

117
1316, maio, 22
concordia

O bispo e o cabido fan concordia con Martín Pérez, reitor da igrexa de San Salvador de Noalla, sobre os décimos dos veciños de Ourense que traballan terras en Noalla, e acordan que o reitor perciba en vida a metade e entregue ao bispo e cabido tres moios de viño.



ACOu, Escrituras VI, 47

Sabiam quantos esta carta viren que don Gonçalvo pela graça de deus bispo de Ourensse e don Gonçalvo Nunez deam e o cabidoo dessa meesma igleia fezerom tal conposiçon con Martin Perez rector da igleia de San Salvador de Noalla sobre razon dos dizemos que perteen ao dito bispo e ao cabidoo dos moradores de Ourense que lavran na friguessia da dita igleia de San Salvador de Noalla. Conven a saber, que o dito Martin Perez reçeba cada anno a meatade dos dizimos que perteeçen aa igleia d’Ourense e de cada anno mentre tever a igleia de Noalla ao bispo e ao cabidoo tres moyos de vino cada anno, de lagar per quarta dereyta de tres almudes, a xvii quartas por moyo, ennos lagares de Noalla. Et quando vagar a dita igleia fiquen os ditos dizimos desenbargados sem outra contenda ao bispo e cabidoo. Et para pagar os ditos moravedis no tenpo sobre dito obligou sy e todos seus beens o dito Martin Perez, e o bispo e o cabidoo obligaronsse e prometeron a agardar esta conposiçon sem contenda niuna ao dito Martin Perez mentre el a dita igleia tever. Esto foy en Ourense, xxii dias do mes de mayo, era mª cccª liiiiª annos. Presentes o dito bispo e o dayam e o cabidoo. Et eu Bertolomeu Perez chantres e chançeller da çidade de Ourense a esta conposiçon presente fuy e en ela consenti e de mandado do bispo e do cabidoo e a petiçon do dito Martin Perez este estrumento fige escrivir e meu signal y puge

(sinal)