GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1383
1491, xullo, 19. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Fernando Gómez, á súa muller e a catro voces o lugar de Outarello na freguesía de Santalla de Triacastela, por renda anual de dez fanegas de centeo.

MADRID, AHN, Carp. 1337 nº 13, perg. orix., galego, cortesá, 230 x 225 mm.

Sepan quantos esta carta de foro viren como nos las personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo, de que ajuso se fara mençon, seendo juntos en noso cabildo dentro en o coro da dita iglesia, veendo et entendendo que o ajuso contiudo es noso proveyto et de nosos subçessores, aforamos et damos aforo et vervo a vos Fernan Gomes de Santa Alla, que presente estades, et a vosa muller, Maria [...] d’Outarelo, por vosas vidas et de outras quatro personas depus lo postromeyro de vos, huna qual o postromeyro de vos nomear en vida ou en morte, et non seendo nomeada que seja persona deste foro quen erdar los bees do postromeyro de vos de dereito, et las outras personas asimesmo sejan nomeadas huna por la outra ou herdeyro de seus bees, como dito he, fasta la postromeyra, et que sejan de vos desçendentes avendo asy. Conven a saber que vos aforamos o noso lugar et casar de herdades que nos teemos et he dos nosos aniversarios con sua casa et herdades, jures et pertenençias et agoas estantes et correntes a montes et a fontes, segundo que jas et es sito et locado en a figresia de Santa Alla de Triacastella, chamado o lugar d’Outarelo de Casa de Vella, segundo que vos, o dito Fernando Gomes, agora ho labrades, con todos sus anexos et pertenençias, a tal pleito et condiçon que vos et as ditas vosas personas moredes et labredes o dito lugar et casa et tenades la casa del dereita et ben cuberta et reparada de guisa que se non vaa a ermo con mengoa de lavorio et boo reparo. Et vos et as ditas vosas quatro personas depus vos daredes de foro et censo, en cada un ano, a nos et a o rendeyro et colledor dos nosos aniversarios des fanegas de çenteo do millor que Deus der en o dito lugar, linpo de poo et de palla por medida dereita do dito lugar et aly posto en todo o mes de setenbro, ou cada et quando que vos lo demandaren; et mays que nos avedes de dar et pagar un [...] de dous anos todo esto cada ano como dito he. Et este foro non venderedes, nin enajenaredes sen nosa liçençia, nin nomearedes en el persona poderosa se non vosa semellable. Et qualquer das ditas quatro personas, que depoys de vos subçeder en este foro, seja tiuda et obligada do dia que en el subceder fasta trinta dias seguentes de se viir mostrar a o dito cabildo como es persona del, sub pena de o perder non lo fasendo asy. Et a fin da postromeyra persona que o dito voso lugar fique libre, quito et desenbargado a nos et a nosos subçesores, la casa dereita et cuverta et ben reparada et las herdades laboradas et ben reparadas con suas çerraduras, novos alçados, et con todos los boos paramentos todos los boos paramentos (sic)  que en el foren feitos.

Et eu, o dito Fernando Gomes, que presente estou por min et por la dita mina muller et personas, asi o reçebo et obligo meus bees et delas de asi o teermos et conplirmos et atendermos et pagarmos et fasermos. Et nos, os ditos senores de cabildo, asy vos lo outorgamos. Do qual as ditas partes rogaron et mandaron a min Pedro Meendes, canonigo et notario juso scripto, que dese et fezese delo duas cartas de foro en un thenor huna para os aforadores et outra para o dito cabildo, et la dos aforadores fose seellada con o seello do dito cabildo.

Que foy feito et outorgado en o dito lugar, a des et nobe dias do mes de julio, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et nobeenta et hun anos.

Presentes et outorgantes: Alvaro Gomes, chantre; Alvaro Dias de Lama, arcidiano de Sarrea; et Diego Gomes de Fonteyta, arcidiano de Triacastela; [...], rendeyro dos aniversarios; et Gomes Garcia de Goyoso, jues; Gomes Ares de Cobello, thesoreiro; Gomes Vasques de Paramo, Juan Ares de Parrega, Alvaro Martines de Galdo, Pedro de Mera, Gomes Fernandes de Roys, Andres Gomes, Vaasco Rodrigues de Parrega, Lopo Dias de Guitian, Roy Beletes, Lopo Rodrigues de Gaybol, canonigos prebendados, et outros.

Et eu Pedro Mendes de Foryis, canonigo da dita iglesia de Lugo, notario publico por las autoridades apostolical et ordenaria, a todo lo que susodito he en un con os ditos senores de cabildo et testigos presente foy et esta carta de foro para o dito Fernando Gomes et outro fis escripvir et en mina nota resçebi, segun que o ante mi pasou, et aqui en ela puje meu signo et nome acostumado que tal he en testemoyo de verdade rogado et requerido.