GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

930
1416, maio, 24. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Lopo Ares, á súa muller e a unha voz catro leiros de herdade e o tercio doutro no lugar de Sobrado, freguesía de Santiago de Saa, por renda anual de catro marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 117 r.
       

Sabean quantos esta carta viren como nos as persoas coengos et benefiçiados da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo dentro en o coro da dita iglesia por campaa tangida, segundo que o avemos de uso et de costume, con outorgameto de Lopo Ferrnandes, coengo de Lugo rendeyro dos ditos aniversarios, damos aforo et avervo a vos Lopo Ares de Sobrado, morador en a fregresia de Santiago de Saa, et a vosa muller, Mayor Rodrigues, et a outra persoa qual o postremeyro de vos nomear en vida ou a tempo de seu finamento, quatro leyros de herdade que os ditos aniversarios an et lles perteesçen en o dito lugar de Sobrado, et o terço de outro que esta cabo da casa de Meen Rodrigues de Saa, que tanben he dos ditos aniversarios, et os quaes leyros et casa son sub signo de Santiago de Saa; a a tal pleyto et condiçon que vos lavredes et paredes ben os ditos leyros et tiredes de monte alguna parte se deles iasen en monte, et mantenades o dito terço da dita casa feyta et cuberta et en boo paramento; et dedes de foro et renda en cada hun ano vos et a dita vosa muller et persoa a o dito Lopo Ferrnandes, coengo, ou a aquel que for rendeyro et moordomo dos ditos aniversarios, quatro moravedis de moneda vella et de longos, et que os paguedes en cada hun ano en salvo en a çiudade de Lugo por dia de Santi Spiritus; et a terçeyra persoa que suçeder en o dito foro seia tiuda et obligada de viir reçeber o dito foro do dito cabidoo do dia que se el vagar ata trinta dias primeyros sub pena de perder o dito foro; et a finamento da postremeyra persoa que suçeder en o dito foro os ditos leyros an de ficar lavrados et ben reparados, et a dita terça da dita casa feyta et cuberta et en boo paramento a a dita iglesia de Lugo et a os aniversarios dela con todos los boos paramentos que en elas foren feytos.

Et eu, o dito Lopo Ares, que presente estou por min et por la dita mina muller et persoa asy reçebo este dito foro, et obligo meus bees et da dita mina muller et persoa de o comprir et pagar et atender en todo segundo et en a maneyra que dita he. Et nos o dito cabidoo asy vos lo outorgamos. Et porque esto seia çerto rogamos et mandamos a o notario de iuso escripto que fesese desto duas cartas de foro anbas feytas en hun thenor huna para nos, o dito cabidoo, et outra para vos, o dito Lopo Ares, et vosa muller et persoas et signada de seu signal.

Que foy feyto et outorgado en a çiudade de Lugo dentro en o coro da dita iglesia, viinte et quatro dias do mes de mayo, ano Domini Mº CCCCº XVIº.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron esto que sobredito he: don Juan Martines, dean de Lugo; don Afonso Lopes, chantre de Lugo; don Diego Alvares, arçidiago de Neyra; don Rodrigo Afonso, juyz; Lopo Ferrnandes, Juan Eanes, Fernando Rorigues, Juan Diaz, Nuno Gomes, Afonso Ares, Rodrigo Ares, coengos; Pedro Ferrnandes, Afonso Rodrigues, Fernando Rodrigues, Fernando Ferrnandes, raçoeyros da dita iglesia, et outros.

Et eu Pedro Ferrnandes, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta fis scripvir et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).