GMH/ÍNDICE A-Z

087
1457

(fol 26V)

-87-

Foro.

Este dito día, ẽno dito lugar. Como4 eu, Sueyro Gomes de Soutomayor, vasalo de / noso señor el Rrey, outorgo e coñosco que por rrasõ que Tareyia Ares, moller que foy / de Gomes de Nemãcos, notario, moradora en Rriãjo, dou e traspasou en vós264, Garçía Mjgés, / alfayate265, morador en Rriãjo266, e en vosa267 moller, María Martíns, hũa súa / casa, que agora estaua formal, que está ẽno dito porto, que pousa e ha de pou/sar ẽno outón da casa que foy e quedou do dito Gomes de Nemãcos, notario, / que sal da hũa parte do ancho4 para a praça268 e do outro cabo do ancho4 / contra o mar, e como4 vay de longo topar enas figeyras, segũdo que / agora está marcada porlos çemẽtos e paredes dela, cõ o foro e  / segũdo e ẽna maneyra que la ella tyña, a qual dita casa ella ouvo de / Ferrnand Peres Calujño, morador ẽno dito porto, por troque de çertas herdades que lle por ela / dou en Rrañoo; por ende4, por quanto o foro da dita casa he meu, coñosco que / cõsinto en el e, se o poso faser de dereyto, o rreçebo en mj e o que(e)ro tãto / por tãto, e faço269 foro da dita casa formal suso marcada ao / dito Garçía Mjgés, sastre, que está presente, e a dita súa moller, María Martíns, / para todo senpre jamays, por preço e cõtía de des morauidís vellos en cada / hũu ano4, pagos por vós, o dito Garçía Mjgés, e vosas boses a mj e / aas mjñas, para senpre jamays, en cada hũu ano4, por dja de Santiago / de cada hũu ano4, cõ que deyxedes entre esta dita vosa casa e a de Mõtellón / calle por que posã põer hũu barco en mõte; oblígome4 de vos defender / e anparar cõ o dito foro, e desde aq vos poño ẽno jur, señorío e posesiõ / da dita casa para que a posades tomar e entrar por vosa abtoridade / propia270 para faser dela ẽno alto e baxo como4 / de vosa cousa propia, e avéndola de vender, trocar, sopenorar ou cãbiar, / que a dedes a mj tãto por tãto queréndola eu, e nõ la querendo, entõ / que façades cõ ome4 semellable [de]271 vós que pague o dito foro. E / eu, o dito Garçía Mjgés, asý o rreçebo para mj e para a dita mjña moller, / e me obligo4 por mj e todos meus bẽes, herdeyros e soçesores de vos / dar e pagar os ditos des morauidís ao dito praso en cada hũu ano4, / so pena4 de mjll morauidís vellos por cada ano4 que os nõ pagar. / Carta firme, et çétera, qual paresçer de meu signo4. Testigos que forõ presentes: / Jon Vjdal, carpjnteyro de Rriãjo, e Ferrnand Munjs de Deyra, da freigresja / de Sã Viçenço de Çespoõ, e Jon do Sisto, criado do dito Sueyro Gomes272. //

____________

4. Leva un trazo sobre a palabra.
264. Vós está entreliñado.
265. Escribiu sastre, riscouno e engadiu na marxe alfayate.
266. Despois está riscado que estaua presente.
267. Vosa está entreliñado, na liña está riscado súa.
268. Está escrito praça cun sinal de abreviación por riba.
269. Despois está riscado del.
270. Despois está riscado para vender, trocar e cãbiar.
271. No canto de de escribiuse, por confusión, que.
272. Na marxe inferior hai unha probatio penae que di hua ves.
273. Despois está riscado de
.