GMH/ÍNDICE A-Z

331
1355, ..., 4
foro

Gonzalo Estévez, fillo do cabaleiro Estevo Fernández, afóralles a Martín Iáñez, dito Sigeyro, e á súa muller, Eufemia Domínguez, un souto con monte e herdade por 16 diñeiros.

ACOu, Escrituras XIII, 22

Sabeam quantos esta carta viren que eu Gonçalo Estevees, fillo de Estevoon Fernandes de Entre las Viñas, cavalleiro que foy morador en Ourense, dou e outorgo a foro a vos Martin Anes dito Sigeyro morador en Santa Ougea e a vossa muller Ouffemea Domingues e a toda vossa vos para senpre, huna peça de souto con seu monte e con sua erdade en que el está e con suas arvores, a qual peça de souto está ontre o Roço e Soutullo, a qual me a min ficou e me perteençe de ereença do dito meu padre. Afforo vos o dito souto segundo dito é con todos seus dereytos e entradas e seydas e jures e perteensças por hu quer que as á e deve a aver de dereyto, con tal condiçon que vos e toda vossa vos que o ajades e pessuyades e que me dedes cada ano por el de foro a min e a toda mia vos para senpre por dia de San Martiño de novenbro des e seys dyneiros blancos ou a qontia deles en outra moeda se correr, et por este foro o ajades vos e toda vossa vos para senpre. Et se quiserdes vender ou supyñorar ou obligar este foro que vos eu faço do dito souto frontardes ante a min ou a mia vos que o tomemos por lo justo preçio, et se o nos non quisermos entonçe o vendede ou supyñorade a atal pessoa que non seia de mayor condiçon que vos et que cunpra a min e a mia vos o nosso foro en pas. Et obligo todos meus beens para anparar vos e toda vossa vos senpre a dereyto con este afforamento que vos faço. Et eu o dito Martin Anes que soon presente assy reçebo de vos (...) dito afforamento ena maneira e condiçon que dita. Et obligo (...) gaañar para pagar e conprir e aguardar (...) que qual quer das partes que contra esto quiser pasar (...) estever çinqoenta mrs. da dita moeda blanca (...) esta carta e afforamento sobre dito fique (...) ditas partes mandaron faser duas cartas partidas (...) desse a cada huna das partes a sua. Et (...) que foy feyta en Ourense, quarta feira, quatro (...) mill e tresentos e noventa e tres anos. Testemuyas que (...) Rodrigo Yanes Feyioo, Johan Lopes mercador moradores en Ourense, Martin Peres de Reça.

Et eu Affonso Martines notario publico da çibdade d’Ourense e do castelo e dos coutos do bispo e da igleia d’Ourense porlo bispo e porla dita igleia que a esto foy presente e esta carta escrivy e meu signo aqui fis en testemuyo de verdade que tal é.

(sinal)

[reverso] Carta de Gonçalvo Esteves de Entrelasviñas.