GMH/ÍNDICE A-Z

H3
1435, decembro, 5

O cóengo Álvaro de Aguiar, como capelán da capela de Gomariz, afora a perpetuidade ao xastre Xoán de Aguiar o Vello unha leira de viña sita en Gomariz por sexta á dita capela e nona ao deán da Catedral. (fols. 1v-2)

Carta de Joan d’Agyar (coengo)*     Feita e dada, notada no libro manual.

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu Alvaro d’Agyar, coengo enna iglesia d’Ourense et teendor e capelan da capela de Gomaris, syta enna iglesia d’Ourense, de liçençia e autoridade do dito Fernando Yanes, arçediano e vigario do dito señor obispo, que me da liçençia e autoridade para esto que (fol. 1v)
se adiante sige, dou et outorgo aforo a vos Joan d’Agyar o vello, alfayate vesiño d’Ourense et a todas vosas voses para senpre, conben a saber que vos aforo huna leyra de viña da dita miña capela que jaz en Gomaris et parte de huna das partes con viña que foy de Vasco Carneiro et da outra parte con viña que foy de Rodrigo Broollo et en çima con viña que ten Fernando Yanes et enbaixo topa enna congostra publica que vay para Gomaris, aforovosla con todas suas entradas etç. por tal condiçon que a ontrechantedes por onde lle faser mester et a labredes et paredes ben etç. et façades dela foro de sesta a min e aos capelaans que despois de min foren da dita capela vos e vosas voses, e faredes mays foro de nooa ao dean da iglesia d’Ourense et disemo a deus, et do al que a ajades livre e quite de todo outro trebuto etç. et se quiserdes vender etç. e non faredes manda nen oniversario etç. salvo a dita capela etç. et obrigo os beens da dita capela para vosla faser saan etç. Et eu o dito Alvaro d’Agyar obrigo meus beens etç. Penna CC.- etç. Et eu o dito vigario asy dou a dita liçençia e autoridade a este aforamento et entrepoño a el meu decreto e mando que valla segundo que he feito e outorgado etç. Tests. Afonso Ares raçoeiro enna iglesia d’Ourense, Rodrigo escripvan e Gomes clerigo capelan do dito vigario. Feita V dias de desenbro. (fol. 2)