GMH/ÍNDICE A-Z

1015
1427, agosto, 25. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Pedro Fernández, á súa muller e a unha voz media casa na rúa Nova por renda anual de seis marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 158 v.
   

Saban quantos esta carta de aforamento viren como nos as persoas coengos et benefiçiados et omes boos do cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo por canpaa tangida dentro en o coro da dita iglesia, segundo que avemos de uso et de custume, et de outorgamento et consintimento de Lopo Fernandes, coengo en a dita iglesia de Lugo et rendeyro prinçipal dos aniversarios da dita iglesia, que esta presente et outorgante, damos aforo et averbo a vos Pedro Fernandes, peliteyro, morador en a çiudade de Lugo en a rua Nova, et a vossa muller, Eynes Gomes, et a outra persoa qual o postrimeyro de vos nomear en vida ou a tempo de seu finamento, a metade de huna casa que he nosa et dos aniversarios da dita iglesia de Lugo que esta en a dita rua Nova, sub signo da Capela de San Marco; a qual dita metade da dita casa vos damos et aforamos con seu orto et poço et cortina et seydo con todas suas entradas et seydas et pertenenças, segundo a nos perteesçe, a qual dita casa esta junto da huna parte con a casa en que mora Fernando de Cosspectu, et da outra parte esta junto con outra casa en que mora Aldara Lourença, muller que foy de Afonso de Lea, a a tal pleyto et condiçon que vos tenades a dita metade da dita casa feyta et cuberta et portada et çarrada et en boo paramento; et dedes et paguedes de foro et penson en cada hun ano vos et as ditas persoas a o dito Lopo Fernandes, coengo, ou a aquel que for rendeyro et moordomo dos ditos aniversarios, cada ano por dia de San Martino de novembro, et con tal condiçon que as ditas persoas, que suçederen et ficaren persoas do dito foro, que seian tiudas et obligadas cada huna delas de viir mostrar a o dito cabidoo como he persoa et foreyra do dito foro do dia que cada huna ficar persoa et foreyra do dito foro ata triinta dias primeyros seguentes, et non no fasendo asi que pergan por eso meesmo o dito foro; et a finamento da pustrimeyra persoa, que subçeder en o dito foro, que a dita metade da dita casa con seu poço et orta et cortina et seydo fique todo livre, quito et desenbargado a os aniversarios da dita iglesia con todos los boos paramentos que en elo foren feytos.

Et eu, o dito Pedro Ferrnandes, que presente estou asi reçebo o dito foro de vos, o dito cabidoo, et persoas del por las maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo a min et a meus bees et da dita mina muller et persoa de o pagarmos et comprirmos et atendermos segundo et en a maneyra que en esta carta se conten. Et nos o dito cabidoo asi vo lo outorgamos. Et porque esto seia çerto rogamos et mandamos a o notario iuso scripto que fesese desto duas cartas de foro anbas feytas en hun tenor huna para vos, o dito Pedro Ferrnandes, et vosa muller et persoas, et outra que a lançase en o libro do dito cabidoo, et que as signase do seu signal, et por mayor firmidoe mandamos seellar a carta de vos, o dito Pedro Fernandes, con o seello do dito cabidoo.

Que foy feyto et outorgado dentro en o coro da dita iglesia de Lugo, viinte et çinquo dias do mes de agosto, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et sete anos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron o que sobredito he: don Lopo Dias, mestrescola; don Rodrigo Afonso, juys; Lopo Fernandes, Fernando Peres, Afonso da Bayla, Vaasco Afonso, Juan Monteyro, coengo por si et por vigario de don Martin Vidal, dean de Lugo; Fernan Ares, Afonso Rodrigues, raçoeyros; Estevo Yanes, Fernan Peres, Gonçalvo Peres coengos de aniversarios, et outros.

Et eu Pedro Fernandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por lo senor Obispo dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy, et esta carta de foro escripvir fiz et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Pedro Ferrnandes, notario.