GMH/ÍNDICE A-Z

1197
1470, novembro, 20. Lugo
O vigairo lucense afóralles a Fernán Mourelo e a tres voces a leira da Cheda que linda coa agra de Valoira, por renda anual de doce marabedís.

MADRID, AHN, Carp. 1333 C/5, perg. orix., galego, cortesá, 225 x 345 mm.

Sepan quantos esta carta de foro viren como eu Juan Afonso, chantre da iglesia de Lugo et provisor do meu senor don Garçia de Vaamonde, Obispo desta dita iglesia et obispado de Lugo, et por poder que eu del teno et aio para todo o a juso contiudo et para outras cousas el me deu et outorgou, et qual eu aio presente por lo notario a juso contiudo el veu et leeu et dara delo fe, et vendo et entendendo que todo esto es prol et proveyto do dito meu senor et sua mesa obispal et de seus subçesores, aforo a vos Fernan Mourelo et a tres personas despoys de vos, conven a saber que a primeyra persona que seia aquela persona que vos nomeardes en vosa vida ou a tempo de voso fynamento, et se non for asy nomeada que seia aquela persona que vosos bees herdar de dereito ou a mayor parte deles, et asy de grado en grado segund que as ditas personas foren nomeadas ou herdaren vosos bees de dereito, et que vos aforo a vos et a as ditas personas, segund dito he, a leyra da Cheda, que jas a par da agra de Valoyra, et topa en o carril que vay para Samasas et da outra parte en o camino que vay para o Bano da Açea, et jas abayxo da congosta que vay para Lugo, a qual dita leyra vos asy aforo, segund dito he, para vos et para as ditas personas, et avedes de dar vos et cada huna das ditas persoas ou vosas voses et herdeyros, de cada un ano, a o dito senor Obispo, ou a seu mayordomo, por cada dia de San Martyno de nobenbro dose maravedis de moeda vella desta moeda agora corrente, que fasen des dineiros el maravedi, de cada un ano, sub pena de perderdes por lo asy non pagardes por dous anos el dereito que a a dita leyra teberdes; et que seiades senpre vasalo et servidor et obidiente a o dito senor Obispo et a os outros Obispos que foren despoys en esta çiudade se non que por ese mesmo feyto pergades el dereito que a a dita leyra teberdes.

Et eu, o dito Fernan Mourelo, por min et por todas minas vozes et herdeyros asy o resçebo con todas las maneiras et condiçoes aqui nomeadas. Et a o finamento da postromeyra persona que todo fique libre et quito et desenbargado a o dito senor Obispo, que enton for en a dita iglesia, sen outra exsecuçion nen alegaçion alguna et con todos los boos paramentos que en ela foren et esteveren feytos, sub pena de des mill maravedis desta moeda que sobre min et sobre elas pono de pena et postura corroboraçional que os paga a o dito senor Obispo, que enton for, aquela parte que o contrario fezer. Et eu, o dito Fernan Mourelo, por min et por las ditas personas asy resçebo a dita leyra et obligo a min meesmo et a todos outros meus bees et delas, asy os mobles como os rayses, de o teeremos eu et elas todo feyto, labrado et reparado et todo en boo paramento, et que paguemos os ditos dose maravedis suso nomeados en cada un ano. Et eu, o dito provissor, asy vos lo outorgo et vos dou delo esta carta de foro a mays forte et firme que se poder fazer et notar en dereito sobre la dita rason, firmada de meu nome et seelada con o seelo do dito senor Obispo, et quero et mando que se contra elo for dito ou alegado cousas alguna porque non deva de valer que se posa tornar et torne con nos o poder do notario, por quen pasou, para que a emende et correga do que lle for mester ata en tanto que ela valla et seia valiosa et o contiudo en ela.

Feyta en Lugo, a viinte dias do mes de nobenbro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et setenta anos.

Testemoyas que foron presentes: Ares de Santa Alla, et Roy de Benade, et Johan Ares das Cortynas, et outros.

Eu Juan Lopes de San Martino, escrivano de la Camara del Rey nuestro senor en la sua Corte et en todos los seus reynos senorios de la sua Abdiençia Real de los fidalgos et notario publico desta çibdade obispado de Lugo, a esto que dito he presente foy et esta carta, segundo por el provisor foy outorgada et firmada, por outro a fis escribyr et puje aqui meu syno et nome que tal he.