GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

386
1373, xaneiro, 3
foro

Afonso Fernández, cóengo, afóralle a tres voces a Lourenzo Iáñez os casais de Pousada e da Pena, na freguesía de Graíces, por 24 libras.

ACOu, Escrituras XVI, 26

Sabean quantos esta carta de aforamento virem commo eu Afonso Fernandes coongo d’Ourense dou e outorgo con outorgamento do deam e cabidoo do dito lugar a vos Lourenço Anes de Pousada morador na freguesia de Greizes et a tres vozes apos vosa morte quaes vos nomeardes ao tenpo do voso finamento et non nas nomeando que enton seia vosa voz aquel ou aquela que herdar os vosos beens de dereyto, conven a saber dous meus casares que eu teño en myna vida et de tres voses aforados do dito cabidoo, dos quaes a hun chaman o casar de Pousada et o outro o casar da Pena et jasen na freguesia de Greises. Aforovos os ditos casares con todos seus dereytos e perteenças asy commo vam a montes e a fontes por tal condiçon que os mantenades et lavredes e paredes bem en tal guisa que non desfalescam por mingoa de boon lavor e de boon paramento, et dedes e paguedes ende cada anno a min e a myna voz por dia de Sam Martino en paz et en salvo non enbargante grando nen geada nen outro caso fortuitu alguun viinte quatro libras de diñeiros brancos de que contan xl pares de diñeiros por tres libras ou a vallia dellas na moeda usavil que porlo tenpo correr et livres e quites de todo outro carrego e enbargo, disemo a deus pagado. Et se os ditos casares e cada huun delles quiserdes vender, deytar ou enallear et sopenorar que ante mo frontedes e requerades que os tome e dia tanto por tanto. Et se contenda alguna sobresto recleçer que se determine e livre por dous homes boons do dito cabidoo tomados a praser das partes sen outra apellaçon alguna. Et que non mandedes nen leixedes por vosa alma porlos ditos casares nen por cada huun delles manda nen aniversario a igleia nen a mosteiro nen a outro lugar santo salvo ao cabidoo sobredito. Et que a seyda de vos e das ditas vosas tres voses que os ditos casares fiquem livres e quites ao dito cabidoo con todos seus boons paramentos. Et obrigo os beens da mesa do cabidoo que a min son obliguados para vos anparar e defender a dereyto con este dito aforamento. Et eu o dito Lourenço Anes que presente soon asy reçebo de vos o dito Afonso Fernandes o dito aforamento que me fasedes et obligo min e todos meus beens a vos paguar cada anno o dito foro e conprir e agardar en todo as condiçoens desta carta e cada huna dellas. Feyta a carta en Ourense, trese de janeiro, era de mill et quatroçentos e onse annos. Tests. que a esto presentes foron don Johan Anes arçidiago de Baronçelle, Vasco Peres Marino, Pero Enriques, Vasco Corvacho, Afonso (Aras) coongos d’Ourense, Apariço Anes raçoeiro, Rodrigo Afonso reytor da igleia de Greises e outros.

Et eu Garçia Diaz coongo et chançeller da dita igleia que a esto presente foy e o escripvi e meu nome e signal aqui fiz en test. de verdade que tal he.

(sinal)