GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

995
1423, xullo, 6. Lugo

Acta notarial na que Fernando Gómez lle reclama ó abade do mosteiro de San Vitoiro de Ribas de Miño o padroado e o xantar que lle corresponden.

MADRID, AHN, Carp. 1332 H/14, perg. orix., galego, cortesá, 193 x 147 mm.
       

Ano do nasçemento de nosso salvador Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et tres anos, seys dias do mes de julio. Estando en a çiudade de Lugo et estando y presente Roy Lopes d’Aguiar, abbade de San Vitoyro de Ribeyra do Mino, en presença de min notario et testemoyas a iuso scriptas, logo Fernando Gomes das Seyxas, escudeyro, disso a o dito abade que lle desse et pagasse o padroadego et iantar que el avia en cada hun ano en o dito Moesteyro de San Vitoyro asi como padron et herdeyro que era em el por sua nana, Leonor Rodrigues de Rodeyro, et que avia çertos anos passados que llo o dito abade non pagar en dineiro nen en vianda. Et logo o dito don abbade, en respondendo a o dito Fernando Gomes, diso que era verdade que o dito Fernando Gomes era padron en o dito Moesteyro de San Vitoyro por herança da dita sua nana et que avia y en cada hun ano hun iantar, et que llo confessava et confessou logo en presença de min notario et testemoyas, et que o dito Fernando Gomes que ata aqui que o non fora comer nen demandar, et que por esto llo non pagara, et ora que des aqui adeante que cada et quando que o dito Fernan Gomes ou sua vos et herdeyros fossen, ou enviassen, a o dito Moesteyro que el que dessaqui adeante que lles pagaria et daria o dito padroadego et iantar en cada hun ano, et que estava moy presto para llo pagar. Et o dito Fernan Gomes pedeu delo testemoyo. Et o dito Roy Lopes, abbade, assy llo mandou dar para garda de seu dereyto.

Testemoyas que foron presentes: Ares Paradela d’Aguiar, yrmao do dito abade; et Ares Nunes, et Fernando Ares do Carvallo, escudeyros; et Pedro Ferrnandes de Gomeelle; et Vaasco das Camoyras, et outros.

Et eu Ruy Fernandes de Mançoe, notario publico da dita çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo desse lugar, a todo esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente fuy et por mandado do dito abbade et a pedimento do dito Fernan Gomes das Seyxas este publico instromento aqui scripvi, et puge en el meu nome et signal en testemoyo de verdade (signo).

Ruy Fernandes, notario.