GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

579
1351, xuño, 16 xoves. Lugo
Nomeamento de alcaldes realizado polo bispo de Lugo.
LUGO, AC, CAÑIZARES: pp. 1056-1060, referido ao lib. 10 n.º 48; Tumbo Nuevo, fol. 226r e v; Tumbillo Nuevo, fol. 108 j) r-108 m) r.

Era de mill e treçentos e oytenta e nove annos joves des e seys dias do mes de junio, seyendo o moyto onrado padre e sennor don frey Pero Lopes, por la gracia de Dios e da santa yglesia de Roma obispo de Lugo, enno alpendere das suas casas, e seyendo y o concello da dita cibdade juntado por pregon con Arias Peres, su procurador, en presença de nos Fernand Peres e Fernand Garcia, notarios publicos de Lugo, dados por autoridade do bispo dese lugar, e das testemoyas subscriptas, o dito sennor obispo diso que por quanto este lues que ora passou trese dias deste mes sobredito, Domingo Beeyto, vesino de Salamanca, por carta e mandado de noso sennor el rey don Pedro, que ora he, o posera et entregara a el et a sua yglesia ena posison do sennorio, da justicia, e chaves, e segna desta çibdade que pertescen a o sennorio tenendonos en si ata agora. Et porque a villa estava ora sen alcalles, vendo que se non podia reger nen faser y justicia sen ellos, o dito sennor obispo por si e en nome da sua iglesia proveen logo dos ofiçios das alcallarias a Diego Alvares et a Lopo Afonso, morador no Campo, visinos e moradores en esta vila, et fesoos y alcalles, os ditos Diego Alvares e Lopo Afonso receberon os ofiçios das ditas alcallerias do dito sennor obispo et juraron a os santos evangelios, corporalmente taniudos con suas maos, seer vos vasalos a o dito sennor obispo e guardar fialdade a el e a sua yglesia, e vasalagen e faser justiça enna dita cibdade en quanto foren alcalles, igoalmente a os grandes e a os pequenos, en consello e por consello do dito sennor obispo, o d’aquelos que el para esto poser en seu lugar, nen por en consello que a pesoa ou vida ou nenbro nen onrra sua do dito sennor obispo nen das persoas coengos da dita sua yglesia nen de seus ofiçiales perdesen, nen outro mal nen deserviçio delos reçebesen elos nen sua yglesia, et se algun quiser faser algua destas cousas sobreditas a o dito sennor obispo ou a seus suçesores ou a cada hum desta yglesia que estos alcalles que o partan e desviin en quanto poderen e faserllelo a saber e ayudaren a o seu defendemento e da sua iglesia, e faseren asy commo fiees vasalos en todo. Asy Deus los ayudase e os santos evangeos. E enton o dito sennor obispo teendo as chaves da dita çibdade en suas maos deu as chaves da Porta Nova e do Pixigoo a o dito alcalle, Diego Alvares, et as chaves da Porta Mynaa et de Porta de San Pedro a o dito Lopo Afonso, alcalle, e as chaves da Port do Castelo a Johan Aras, coengo, que as guarden e tennan por lo dito sennor obispo e por sua yglesia e lle las entreguen quanto lle las demandaren. Et os ditos Diego Alvares e Lopo Afonso, alcalles, asy receberon as ditas chaves do dito sennor obispo. Et feseron logo omenagen en mao de Johan Afonso de San Jullao, escudero, que a dellos reçebeu por mandado do dito sennor obispo que as guardasen por el e por sua ylgesia as ditas chaves e lle las entregasen quando quier que lle las elos demandassen. Et logo Arias Peres, procurador do dito conçello, e Diego Alvares, Lopo Afonso, alcalles, Domingo Martines, mercader, Afonso Fernandes Bullaoriço, Gomes Arias de Castroverde, Lopo Afonso Gago, Lopo Pelaes, alfayate, Afonso Eanes de Constante, Fernan Domingues de Fingoe, Fernan Rodrigues da Crus, Afonso Eanes Ourives, Fernan Peres Moreira, Arias [Peres] da Crus, Fernan Domingues, yrmao do thesoreiro, Johan Fernandes, alfayate, Afonso [...] de Vilamoure, Pero Afonso da Porta Minaa, mercader, Johan Peres de Barro Falcon, Fernan [...] da Madanela, Afonso Arias das Cortinas, Afonso Eanes, alfayate, Afonso Fernandes, Jacome Guillelmes, Arias Peres, notarios, Gomes Peres, zapatero, Gomes Yanes, alfayate, Pero Merchan, Estevo Yanes, zapatero, Afonso Ferro, correero, Johan San Cloyo, pilitero, Fernan Martines, correero, Afonso Martines de Boosende, Martin, mercador, Pero Martines, pilitero, Johan Peres, ferrero, Pero de Mera, pilitero, Afonso de Vilamoura, çapatero, Fernan Peres, ferrero, Vaasco Ferrnandes do Campo, Jacome Çerdeiras, mercador, Afonso Yanes, fillo de Johan Afonso, Ruy Ferrnandes, selero, Bertolameu Migueles, mercador, Fernan Eanes, correero, Pero d’Alvares, alfayate, Pero Raspallo, Pero Yanes, ferreyros, Afonso Crespo, odrero, moradores na dita cibdade de Lugo que siam presentes, receberon os ditos alcalles, e foron todos beycar a mao a o dito sennor obispo asi como vasalos a sennor. Et logo o dito sennor obispo disso a o dito conçello que lle desen omes certos dentre si, que lle feçesen omenagen e juramento que lle guardasen fialdade et vasalage a el e a seus suçesores e a sua yglesia en todas las cosas que vasalos deven faser e guardar a seu sennor, e que arredren seu dayno e ayuntensen por el e de sua yglesia fielmente en quanto poderen e souberen e que ayuden a guardar a o dito sennor obispo e a seus suçesores e a seus vigarios e a seus alcalles a fialdade desta villa, que o dito sennor obispo e sua yglesia son tenudos de guardar a noso sennor el rey, e se conten enos privilegios e cartas que o bispo e sua yglesia an en esta rason, et sub aquelas penas que se os ditos privilegios contenem. Et o dito conçello prometeron de comprir e guardar a o dito sennor obispo e a seus sucesores e a sua yglesia todas estas cousas sobreditas et cada huna delas, e non venir nen faser contra elas nen contra algua delas; e demais rogaron e diseron a Arias Peres, procurador do dito concello, que en nome de si e do dito conçello, e a Gomes Arias de Castroverde, Lopo Pelaes, alfayate, Fernan Domingues de Fingoe, Fernan Rodrigues da Crus, Vaasco Fernandes do Campo, Afonso Yannes Renquela, Domingo Martines, Afonso Ferrnandes Bulla, Arias Gonzales, Afonso Arias das Cortinas, Pero Afonso, mercador, Fernan Domingues da rua Minaa, Fernan Moreira, Afonso de Vilamoure, alfayate, Afonso Yanes da rua de Vermun Sanches, Bertolameu Migueles, Jacome Çerdeiras e Afonso Yannes Ourives, que por si e por todos los otros do dito conçello, que y siam presentes, e por todos los outros, que non estaban presentes, que feçesen juramento a o dito sennor obispo e omenage, que o dito conçello e cada hum de seus visinos e moradores comprisen e guardasen todas las cousas sobreditas e cada hua delas, e non venan nen façan contra ellas. E logo o dito Arias Peres por si e en nome do dito conçello, e como procurador, e estos outros sobreditos por mandado do dito conçello, por si e por todos los outros visinos et moradores desta villa, feseron juramento sobre santos avangeos, corporalmente taniudos con nosas maos, e omenage en maos do dito Johan Afonso de San Jullao, que a delos reçebeu, que elos e o dito concello e seus visinos guardasen e comprisen todas las cousas sobreditas e cada hua a a boa fe e sem mao engano, e non fesesen contra elos sub aquelas penas e cada hua delas, que se conten nos privilegios e cartas que o bispo e a yglesia de Lugo an sobresta rason. E de como todas estas cousas sobreditas e cada hua delas pasaron o dito sennor obispo pidio a nos, notarios sobreditos, que lle desemos publico ou publicos instrumentos.

Testigos que foron presentes: don Afonso [...], archidiago de Deça; don Roy Ferrnandes, archidiago de Neira; don Garcia Dias, arçidiago de Sarrea; don Vaasco Rodrigues, archidiago de Deçon; don Pedro Arias, maestrescola; don Vasco Dias, juis; don Lopo Domingues, thesoreiro; Johan Dias, coengo de Lugo; Fernan Arias, clerigo do coro de Lugo; Nuno Pelaes, avogado; Johan Arias, clerigo da Fava; Domingo Peres e Afonso Rodrigues, scripvaes; Fernan e Fernan Gonzales, porteros do dito sennor obispo, e outros ts.

E eu Fernan Garcia, sobredito notario publico de Lugo, dado por autoridade do bispo dese lugar a todo esto que sobredito he con Fernan Peres, notario sobredito e subscripto, e con as ditas testemoyas presente fui, e a pedimento do dito sennor obispo este publico instrumento scripvi, e puge en el meu nome e meu signal en testemonio da verdade.

E eu Fernan Peres, sobredito notario publico de Lugo dado pelo bispo sennor dese lugar, a todo esto que sobredito he presente fui con Fernan Garcia, notario sobredito, e a pedimento do bispo, sennor sobredito, a fis escrivir, e puge y meu nome et meu signal en testemoyo de verdade.

Materias

alcalde; alpendre; bacharel; chave; cóengo; concello; evanxeos; fortaleza; lingua; mesa bispal; muralla; nomeamento; notario; pazo; Pora Miñá; Porta de San Pedro; Porta do Castelo; Porta do Poxigo; Porta Nova; posesión; preitohomenaxe; procurador; publicación; rei; rexedor; señor; vasalo; xuíz; xuramento; xurisdición; bispo

Persoas

Afonso Ares das Cortiñas; Afonso Crespo, odreiro; Afonso de Vilamoura, zapateiro; Afonso Eanes; Afonso Eanes de Costante; Afonso Eanes, ourive; Afonso Eanes, xastre; Afonso Fernández Bularizo; Afonso Fernández, notario; Afonso Ferro, correeiro; Afonso Gómez, arcediago de Deza; Afonso Martínez de Bosende; Afonso Rodríguez, escribán; Ares Pérez; Ares Pérez da Cruz: Fernando Domínguez; Ares Pérez, notario; Bartolomeu Miguez, mercador; Diego Álvarez, alcalde de Lugo; Domingo Beneito, bacharel; Domingos Martínez, mercador; Domingos Pérez, escribán; Estevo Eanes, zapateiro; Fernando Ares, crego do coro de Lugo; Fernando Domínguez de Fingoi; Fernando Eanes, correeiro; Fernando García, notario; Fernando González, porteiro; Fernando Martínez, correeiro; Fernando Pérez Moreira; Fernando Pérez, notario; Fernando Rodríguez da Cruz; Fernando, porteiro; García Díaz, arcediago de Sarria; Gómez Ares de Castroverde; Gómez Eanes, xastre; Gómez Pérez, zapateiro; Lopo Afonso Gago; Lopo Afonso, alcalde de Lugo; Lopo Domínguez, tesoureiro; Lopo Páez, xastre; Martiño, mercador; Nuno Páez, avogado; Pedro Afonso da Porta Miñá, mercador; Pedro Álvarez, xastre; Pedro Ares de Parga, mestrescola de Lugo; Pedro de Mera, peliqueiro; Pedro Eanes, ferreiro; Pedro Martínez, peliqueiro; Pedro Merchán, mercador; Pedro Raspallo, ferreiro; Roi Fernández, arcediago de Neira; Roi Fernández, seleiro; Vasco Díaz, xuíz de Lugo; Vasco Rodríguez, arcediago de Dozón; Vermudo Sánchez; Xácome Guillermez, notario; Xoán Afonso; Xoán Afonso de San Xiao, escudeiro; Xoán Ares, cóengo de Lugo; Xoán Ares, crego; Xoán de San Clodio, peliqueiro; Xoán Díaz, cóengo de Lugo; Xoán Fernández, xastre; Xoán Pérez de Barrio Falcón; Xoán Pérez, ferreiro; Pedro López de Aguiar, bispo de Lugo

Outros

Castela, reino; Lugo, bispado; Lugo, concello; Lugo, cabido

Lugares

Bosende; Castroverde; Constante, San Miguel; Deza, arcediagado; Dozón, arcediagado; Faba, Santo André; Fingoi; Lugo; María Madanela; Mera, San Pedro; Neira, antiga xurisdición e arcediagado; Roma; San Xillao; Sarria; Vilamoure