GMH/ÍNDICE A-Z

039
1457

XJ (17R)

-39-

Conpromjso.

Ẽno dito porto de Rriãjo, XVJ djas do dito mes e ano4. Como4 eu, Pero Torrado, da / hũa parte, e eu, Ares Garçía d'Asados, moradores ẽna freigesía de Santa María / d'Asados, por rrasõ que entre nós outros erã ou esperauã ser pleitos, debates / e cõtendas sobre herdades e outras quaesque(e)r cousas, somos cõbenjdos / e ygualados de os conprometer e conprometemos en omes bõos, árbitros arbitradores115, / cõbén a saber: eu, o dito Pero Torrado, en Martjn de Tourís, e eu, o dito Ares Garçía, en / Jon Pereyreiros, moradores ẽno dito porto de Rriãjo, para que o posã ver e librar e / sentençiar, nós, partes, presentes ou nõ presentes, segundo acharẽ por dereyto ou como4 / quiserẽ e por ben touerẽ, quitando da hũa parte e dando á outra e da outra / á outra, e que o posã sentençjar fasta dja de Santiago de julljo primeyro que vẽe116, / de estar porlo que mãdarẽ e sentençjarẽ so pena4 de dous mjll morauidís vellos. / Outorgarõ carta de conpromjso qual paresçer signada de meu signo4, en presença dos / testigos que a ello forõ presentes117. A pena para a parte obediente. Testigos: Pero dos Santos / e Jon Rrodriges de Rriãjo e Diego d'Outeyro de Taragoño.

_______

4. Leva un trazo sobre a palabra.
115. Está escrito arbidors cun trazo por riba
.
116. Despois está riscado pena / de IJ m morauidís; pena leva un trazo por riba.
117. Despois está riscado testigos.