GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de Notas de Álvaro Afonso

b
xaneiro, 30

Testemuño dos xuíces e procurador ante o notario facendo constar que eles realizarona  inmediata busca do asasino. (fol. 22v)


En este dia, a ora das vesperas, enna Praça do Canpo, Loys Gonçalves e Afonso Yanes juises e Afonso Anriques procurador do conçello da dita çidade tomaron testemunyo que lles dese signado en como elles porla mañaa como o dito Pascoal Rodrigues mataran, fora foran dita çidade e a redor dela ata huna legoa e ao mosteiro de San Françisco por veer se poderian achar ou saber quen matara ao dito Pascoal Rodrigues, et despois que tornaran a ora de terça aa dita çidade e en como feseran dar aas caanpaas e repicarlas et juntaran moyta jentes e foran outra vez fora da dita çidade e por buscar ao dito ome que asy matara ao dito Pascoal Rodrigues e que o non poderan achar, enno qual todo o día andaran en elo, et agora por quanto era ja açerqa da noyte, que de mañaa sigente que eran prestes de sacar peresquisa et faser todas aquelas deligençias que en elles fosen de faser, et sabendo quen o matara, se o podesen achar que farian del conprimento de dereito et de justiça e que o pedian asy signado etç. Tests. Gomes de Chantada et Joan do Bouteiro et Lopo de Loys Gonçalves e Alvaro de Santome e Afonso Anriques notarios.