GMH/ÍNDICE A-Z

F-C7
1454, decembro, 22
O cóengo García Fernández de Berlanga expropia para a capela de San Xoán a casa aforada ao seleiro Gómez Fernández por tela este vendido sen previa oferta á dita capela, como propietaria dela, alegando o foreiro o seu dereito por ter ao día o pago das rendas. (fols. 4v-5)

Garçia Fernandes de Berlanga.

Anno sobre dito, a XXII dias do dito mes de desenbre, en Ourense, enna casa de morada de Gomes Fernandes seleiro, que son enna Rua dos Çapateiros apar dos degraos, estando y presente Garçia Fernandes de Berlanga coengo enna iglesia d’Ourense e o dito Gomes Fernandes seleiro, en presença de min e tests. logo o dito (Gomes Fer)* Garçia Fernandes diso que por rason que a dita casa era foreyra aa capela de San Joan, de que o dito Garçia Fernandes era teedor, e por quanto el entendia que a dita casa fora vendida ou enpenanada ou ealleada sen el seer sobrelo requerido para que a oubese porlo justo preço en nomme da dita sua capela de San Joan sita enna dita iglesia, segundo que o dereito en tal caso manda, por ende diso que el en nomme da dita sua capela e para ela que resçebia a dita casa e que tomava a posison dela e que asi que resçebese a dereitura e penson que dela lle era devido que todavia protestava seu dereito seer a salvo e de usar do dito resçebemento (e o dito ...)* e o dito Gomes Fernandes diso que o dito Garçia Fernandes non podia nen devia faser tal (fol. 4v)
resçebemento da dita casa, pois que lle era pagado seu foro de cada un anno, et o dito Garçia Fernandes diso que desia o que dito avia, demandou a min o dito notario que llo dese asy signado para garda do dereito da dita sua capela e seu en seu nomme. Tests. o dito Gomes Fernandes (seleiro e Fernando de Santa Oujea)* e Afonso Franco ferreiro vesiños da dita çibdade e Fernando de Santa Oujea morador que se diso enno dito lugar de Santa Oujea.