GMH/ÍNDICE A-Z

168

1453, outubro, 19. Bares.
O procurador do Cabido de Mondoñedo tomou posesión das dúas terceiras partes da igrexa de Bares, trala lectura da documentación acreditativa da unión destas á Mesa Capitular.
A, papel, con signo notarial, de 350 x 285 mm. Letra semigótica.

Anno do nasçemento de noso Sennor Jesucristo de mill et quatroçentos et cinqoenta et tres annos des et noue dias do mes de octubre enno / lugar et parrochia de santa Maria de Vares estando enno çimiterio junto con a porta da dita iglessia en presença de min o notario et testigos / de jusoescriptos paresçeu personalmente Gonçaluo Peres de Laurada canonigo da dita iglesia de Mondonnedo et procurador que se mostrou dos / sennores dean et cabildo da dita iglesia et por min o dito notario feso leer et publicar aos flegueses da dita iglesia que estaban presentes et / he Johan Fernandes de Marroaa cura et rector de san Jullao de Loyua que presente estaba hun proçeso de vnion feito et discyrnido por / lo muy reuerendo in Christo padre et sennor don Afonso de Segura obispo de Mondonnedo por vertud de hua bula a el conçesa por lo / muy santo Padre Nicolao quinto moderno en el qual se contenia et conten que el anexara a mesa capitular da dita iglesia de Mondonnedo / quatroçentas libras et eso mesmo presentou hua açeptaçon que el fesera asy commo procurador dos ditos sennores das duas terçias partes / sen cura da dita iglesia de santa Maria de Vares que agora vacaran por morte de Vaasco Fernandes de Lugo canonigo de Ourense et benefiçiado que / delas fora segundo que vacaran por sua morte del o en outra qualquer maneira que estebesen bacas et diso que requeria et requireu ao / dito Johan Fernandes asy commo procurador dos ditos sennores dean et cabildo et da dita mesa capitular que sub as pennas contiudas enno dito / proçeso o posese et apoderase enna posison vel casy das ditas duas terçias partes sen cura da dita iglesia vnida por o dito sennor obispo / et por el açeptadas por libros et calis et canpaa tangida et outros ornamentos desta iglesia et que proçedese a todo ha el cometido por o dito / proçeso. Et o dito Johan Fernandes clerigo et rector da dita iglesia de san Gillao de Loyba diso que commo fillo de obediençia que obedesçia / et obedesçeu o dito proçeso et bula en el contyuda et diso que por quanto Fernando Dourado rector da terçia parte con cura da dita iglesia leuara / a chaue dela que el que lle poyna enna maao o ferrollo da porta da dita iglesia et la corda da dita canpaa et que lle mandaua que a tangese / et el tangeu logo a dita canpaa et o dito Johan Fernandes diso que asy lla daua et deu a dita posison vel casy das duas terçias partes / sen cura da dita iglesia de santa Maria de Vares que agora avia vacado por morte do dito Vaasco Fernandes clerigo ou en otra qualquer maneira que va/case por vertude da dita vnion proçeso et açeptaçon antel presentadas en nomme dos ditos sennores dean et cabildo da dita iglesia et / da dita mesa capitular et dos frutos rentas et obençiones et cousas a elas pertenesçentes. Et diso o dito Johan Fernandes clerigo / que mandaua et mandou sub as pennas contyudas enno dito proçeso a Fonso Peres bachiller et a seu fillo Afonso Peres et a Roy de Ven et a Roy Fernandes / de Vares et Afonso Darriba et a Roy da Marroaa et a Fernando de Lago et Afonso Rodrigues de Vila de Vares flegueses da dita iglesia que estaban presentes e / aos outros que eran absentes que obedesçesen de aqui endeante ao dito Gonçaluo Peres procurador en nomme dos ditos sennores et le acodisen / ou a outro seu çerto recabdo de aqui endeante con todos los frutos rentas desemos et obençiones aas ditas duas terçias partes / sen cura perteesçentes et non ha outro algund et que os oubesen por anexos de aqui endeante a dita mesa capitular. Et os ditos flege/ses que eran presentes diseron que lles plasia et que obedesçian o dito proçeso et ho a elles mandado por o dito Johan Fernandes clerigo. Et o dito Johan / Fernandes clerigo diso que asy daua et deu a dita posison vel casy dos ditos dous terços sen cura et frutos et rentas a ela perteesçentes / aos ditos sennores dean et cabildo en nomme da dita mesa capitular et ao dito Gonçaluo Peres en nomme deles. Et o dito Gonçaluo Peres procurador / diso que asy tomaua et contynuaua a dita posison vel casy dos ditos dous terços sen cura da dita iglesia de santa Maria de Vares / et desemos et frutos et rentas et cousas a ela pertesçentes en nomme dos ditos sennores et mesa capitular et pedeu a min / o dito notario que llo dese asy signado todo para garda et conseruaçon do dereito da dita mesa capitular et dos ditos sennores dean et / cabildo et del en seu nome et rogou aos presentes que fosen delo testigos. Que foy feito enno dito lugar anno era dia et / mes susoditos. Testigos que foron presentes os ditos fregueses et o dito Johan Fernandes clerigo et Diego Afonso canonigo de Mondonnedo / vicario do arçedianadgo de Viueiro et Afonso de Lanços et Gomes do Vollo et Johan Alcalde clerigo et outros.
 Et eu Gonçaluo Yanes canonigo de Mondonnedo et notario publico jurado dado do obispo de Mondonnedo enna sua çibdade de / Vilamayor et en todo seu obispado a esto que sobredito he con os ditos testigos presente fuy et esta carta / de posison por outro fis escripuir et aqui meus signo et nomme puge que taes son en testimo/yo de verdade. Gundisaluus Iohannis canonicus et notarius (Rúbrica e signo).

(Reverso):
Nº 9. Posison de Vares. dos terçios sin cura.