GMH/ÍNDICE A-Z

36

s/d

Ese mesmo día Xoán de Encontro e a súa muller María Afonso, con licencia de Vasco Rodríguez, clérigo, aforan a Gonzalo Gago e á súa muller, polas voces e coas condicións con que eles a teñen de Pero de Temes, a metade dunha adega en Cudeiro, por 12 mrs. anuais. (fols. 10v-11)

En este dito día e ora e por estas testemunyas Joan d’Encontro et Maria Afonso, con liçençia de seu marido et de consentemento de Vasco Rodrigues clerigo, aforaron ao dito Gonçalvo Gago et a dita sua moller a meatade da adega que esta en Codeiro et parte con outra ameatade de Vasco Rodrigues clerigo, segundo que teen aforada de Pero de Teemes, a qual le aforaron porlo tenpo e voses que a tiñan, por tal condiçon que a aposten et reparen ben etç. (fol. 10v)
et fasan dela foro de dose mrs. de dños. brancos de cada anno por día de San Martiño e do al de disemo a deus etç. e obrigaron seus beens etç. Penna CC .- etç.