GMH/ÍNDICE A-Z

796
1379, maio, 25. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlles a Lourenzo Fernández e á súa muller e a unha voz a herdade de Ferruco, na freguesía de San Xián de Insua, por renda anual de 24 soldos.
MADRID, AHN, Cód. 420 B, fol. 19r.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos o dayan et cabidoo da iglesia de Lugo seendo iuntados en cabidoo por campaa tanniuda enno coro da dita iglesia, segundo que o avemos de custume, aforamos a vos Lourenço Ferrnandes, morador enna fiigregia de San Iullao d’Insoa, et a Moor Ferrnandes, vosa muller, et a huna pesoa qual nomear o pustrumeyro de vos en sua vida ou a tempo de seu finamento, a herdade chamada do Ferruco, que he dos aniversarios do dito cabidoo, que ias sub o dito signo de San Iullao de Insoa, a monte et a fonte, peru quer que vaa por condiçon que a tiredes de monte et labredes et paredes ben, et que dedes dela en cada hun ano vos et a dita pesoa a os ditos aniversarios por foro, viinte et quatro soldos desta moneda que ora corre en Lugo por dia de San Martino, et a a morte da pustrimeyra pessoa de vos a dita herdade a de ficar libre et quita a os ditos aniversarios con todos los boos paramentos que en ella foren feytos. Et nos, o dito dayan, et cabidoo asy vos-lo outorgamos o dito foro.

Et eu, o dito Lourenço Ferrnandes, por min et por la dita minna muller et por la dita pesoa asy o reçebo et obligo por todos meus bees et seus delles para o pagar et comprir en todo segundo dito he. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes rogamos a Fernan Peres, notario publico de Lugo, que fesese desto duas cartas en hun tenor.

Feyto foy esto en Lugo, viinte et çinquo dias de mayo, era de mill et quatroçentos et des et sete annos.

Testemoyas: don Johan Afonso, dayan de Lugo; don Gonçalvo Eanes, chantre; don Pedro Arias, arçidiago de Neyra; don Pedro Arias, arçidiago de Triacastella; Affonso Ferrnandes, coengos; et Affonso Yanes, raçoeyro de Lugo; Garçia Rodrigues, clerigo do dito coro, et Jacome Peres, procuradores dos ditos aniversarios, et outros.

Et eu Fernan Peres, sobredito notario publico de Lugo por lo sennor obispo dese lugar, a esto que sobredito he presente fuy et aqui puge meu nome et meu signal en testemoyo de verdade.