GMH/ÍNDICE A-Z

295
1333, setembro, 11
Afonso Fernández véndelles a Dominga Ramalla e aos seus fillos todo canto posúe nas freguesías de San Pedro de Soñar e Santa Marta de Fixós por 800 marabedís.
MADRID, AHN, Carp. 1332 D/11, perg. orix., galego, gótica cursiva, 163x134 mm.

In Dei nomine amen. Sabeam quantos esta carta virem commo eu Affonso Ferrnandes da rua Minaa, fillo de Fernan Martines, mercador, et de Maria Domingues, que foron, moradores enna rua de Vermun Sanches, de bon curaçon et de boa voontade vendo a vos, Dominga Ramalla et a vossos fillos, Affonso Ferrnandes et Aras Ferrnandes, todo quanto herdamento et vos eu aio et aver devo por parte et sucçesson dos ditos meus padre et minna nana, et d’outra maneyra qualquer, en Barreyros et en Villa de Meos et en Fonte Agrunde et en Villa Moure et en seus terminos, sub signos de San Pedro de Sonar et de Santa Marta de Foioos, con todas suas dereyturas et pertenenças, cassas, arvores et formaes, a monte et a fonte, per hu quer que vaan, et reçebo de vos en preço por esta vençon oytoçentos moravedis, d’oyto soldos o moravedi, d’esta moeda branca del don Affonso, dos quaes oytoçentos moravedis me outorgo por entrego et ben pagado, et renunçio a exçepçon de non numerata pecunia, et obligo min et todos meus bees, movelles et rays, de vos façer senpre esta vençon de pas, et logo por esta carta vos entrego et meto enno iur et na possisson et propiedade do dito herdamento. Et dessoie mays este dia avedea senpre en pas todo meu poderio et senorio ende seia sacado et removudo de min et posto en vos.

Feyta a carta da vençon onçe dias de setenbre, era de mill et CCC LXX et hun anno.

Testemoyas: Iohan Ferrnandes Alffagime, Nicolao Peres, selleyro; Domingo Ferro et Domingo Domingues, freeyros, ts., et outros moytos. Et eu Roy Ferrnandes, notario publico de Lugo, a esta vençon pressente foy et esta carta notey et escrivi et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade. (+).