GMH/ÍNDICE A-Z

154

marzo, 16

Xoán Afonso, reitor de Santa María de Feán, afora a oito voces a Gonzalo Carneiro e á súa muller Tereixa Carneira varias herdades, con condición de poñer vinte cavaduras de viña en catro anos e pagar quinta de pan e viño. (fols. 48-49)

Carta Gonçalvo Carneiro. Feita e dada.

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu, Joan Afonso, clerigo reytor da igleia de Santa Maria de Feaan, con liçençia et autoridade de Alvaro Fernandes, coengo enna igleia d’Ourense et vigario da Terra do Cabiidoo da dita igleia d’Ourense, que me da liçençia et autoridade para esto que se adeante sige, dou et outorgo aforo a vos Gonçalvo Carneiro que sondes presente et a vosa moller Tereija Carneyra (fol. 48)
que non he presente, moradores enna dita freigesia de Santa Maria de Feaan et a oyto voses apus morte do pustrimeiro de vos anbos, asy que vos en vosa vida ou a tenpo de voso finamento nomedes a primeiro vos et asy vaan as ditas vosas oyto voses nomeadas etç. Conben a saber que vos aforo todas las herdades, asy de pan como de viño, que vos agora tragedes a jur et a maao, que son da dita miña igleia et estan enna dita freigesía, por tal condiçon que chantedes de viña das ditas herdades doje ata quatro annos primeiros sigentes viinte cabaduras de viña et que labredes et paredes ben a dita viña que asy chantardes e as herdades do pan en tal maneira como non desfalescan por mingoa de lavor etç. et façades foro de quinta asy de pan como de viño das ditas herdades, asy das viñas como das herdades de pan, a dita miña igleia e a min por nome dela et aos reytores que despoys de min dela foren reytores et mays o disemo de todo o pan et viño que deus der enna ditas herdades et o qual daredes eso meesmo a min e a dita miña igleia e aos reytores que despois de min foren et daredes a conposta enna viña et o viño branco enno lagar et o pan enna aayra, a qual novidade colleredes por meu mayordomo, ao qual proveeredes de comer et de beber e de como cumunalmente etç. et do al de disemo a deus etç. Et se quiserdes vender, deytar ou supinorar as ditas viñas herdades, que primeiramente frontedes con elo a min et a miñas voses \aos reytores que despois de min foren/ para que o ajamos porlo ( fol. 48v)
justo preço que vos outro por elo der etç. et non faredes manda nen oniversario nen foro nen sobre foro nen poredes peson nenhuna porlas ditas herdades e viñas etç. salvo a dita igleia etç. et obrigo os beens da dita igleia etç. et eu, o dito Gonçalvo Carneiro, obrigo meus beens etç. Penna quiñentos mrs. etç. Et eu, o dito Alvaro Fernandes canonigo e vigario sobre dito, asy dou a dita liçençia et autoridade ao dito aforamento et mando que valla segundo et enna maneira que he feito et outorgado por juramento que sobre elo saqey do dito Joan Afonso clerigo etç. Tests. Gomes Gonçalves clerigo do coro da igleia d’Ourense et Diego e Fernando criados do dito Alvaro Fernandes e Domingo Yanes clerigo capelan de Moreyras e outros. Feita dez e seys dias de março do dito anno.