GMH/ÍNDICE A-Z

151

1434, febreiro, 23. Vilamaior-Mondoñedo.
O bispo don Pedro Enríquez de Castro realiza a unión da metade dos froitos decimais de Argomoso e a totalidade dos de Bián á Mesa Capitular da Catedral de Mondoñedo.
A, papel, pegado sobre un pergamiño dun antigo libro de coro, con signo notarial e sinatura do prelado, de 218 x 298 mm. Letra semigótica.
Ref.: flórez, vol. xviii, p. 196.

Nos don Pedro por la graça de Deus et da santa Iglesia de Roma obispo de Mondonnedo attento et çircunspecto en commo o noso dean et cabildo et mesa capi/tular da nosa iglesia catedral da çibdade de Vilamayor he pobre et que ben de leue as personas et benefiçiados dela segundo sua deçençia et estado / se non poden sustentar por o defecto das rendas dela segun(?) see catedral et por quanto agora nouamente pure et sinplemente Juan Ra/mos canonigo enna dita nosa iglesia et prestameyro que foy dos prestamos coonzibles vulgarmente chamados a meatade sen cura de toda / a iglesia de San Pedro d-Argomoso et o padroadego de toda a iglesia de Santa Maria de Bian sitos enno dito noso obispado ha en nosas maos / renunçiado et renunçiou os ditos seus prestamos con todos seus anexos et connexos froytos et rendas et outras quaesquer eclesiasticas dereituras / a eles et a qualquer deles perteesçentes en fauor dos ditos noso dean et cabildo et mesa capitular et non alias por ende nos consideran/do o de suso relatado et desejando que afectuosamente nos seja aumentado et acreçentado o cultu diuinal ofiçio et a dita nosa / iglesia seja uberius acresçentada et seruida por la presente anexamos et in perpetuum vnimos aos ditos dean et cabildo et mesa capitu/lar da dita nosa iglesia os ditos prestamos con todos seus anexos et connexos et jurdiçon spiritual et tenporal ad jure patronatus et outras queaes/quer eclesiasticas dereituras a eles et a qualquer deles perteesçentes et mandamos que os leuen et possuyan et ajan perpetuamente daqui adeante / eles et seus subçessores et aos clerigos et fligueses et tributarios deles et de qualquer deles que lles recudan ben et conplidamente a eles ou a seu / çerto rendeyro con todos seus anexos et connexos et juridiçon tenporal et sipiritual et outras quaesquer eclesiasticas dereituras a eles et a qual/quer deles parteesçentes de aqui endeante et a sus subçessores et guarden et tennan suas sentençias et mandamentos et coutos juridiços licitos et / honestos por eles postos segundo que millor et mays conplidamente recodiron et os gardaron ao dito Juan Ramos et aos outros prestameiros / que deles foron o qual todo lles mandarmos conplir guardar sub pena d-escomoyon amoestandoos para ello en estes presentes escriptos trina / canonica monicione premissa. Et porque seja çerto et valedeyro para senpre mandamos delo dar este instromento segundo suso vay rela/tado firmado de noso nomme et signado do signo et subscripçon de Pedro de Horozco canonigo et notario que foy feyto et outorgado dentro / ennos nosos paaços da dita nosa çibdade de Vilamayor viinte et tres dias do mes de febreyro anno do naçemento de noso Sennor Jesu/cristo de mill et quatroçentos et triinta et quatro annos. Testigos que foron presentes para esto espeçialmente chamados et rogados don Pedro Ma/rinno de Lobeira dean Pedro Lopez mestrescola Gonçaluo Yanes et Afonso Gonçalues Pedro Maraz Fernando de Castro personas et canonigos da dita iglesia et Gomez Peres cama/reyro do dito sennor obispo Pedro Lopez Fajardo seu criado et outros. Petrus Episcopus mindoniensis.
Et eu Pedro de Horozco canonigo et notario do cabidoo da iglesia de Mondonnedo a todo esto que dito he con os ditos testigos presente / foy et este dito instromento de anexaçon por mandado do dito sennor obispo escriui et aqui puge meu signal acostumado que / tal he en testemoyo de verdade rogado et requerido. (Signo).