GMH/ÍNDICE A-Z

177 A

1457, novembro, 23. Vilamaior-Mondoñedo.
O procurador do Cabido de Mondoñedo tomou posesión do curato de San Xoán de Vilaronte, incorporado, xuntamente co de Santiago de Bravos, á mesa capitular de Mondoñedo polo bispo don Afonso de Segura en virtude de bula do papa Nicolás V.
A, papel, con signo notarial, de 420 x 305 mm. Letra cortesá.
Anno do nasçemento de noso sennor Jesucristo de mill et quatroçentos et çinquoenta et sete annos viinte et tres dias do mes de nobenbre / dentro enna iglesia de Sanyoane de Vilaronte et en presença de min notario et testemoyas de juso escriptas apareçeu y Afonso Martines coengo / de Mondonedo et procurador que se diso do cabildo et benefiçiado da dita iglesia de Mondonedo et presentou et feso leer / hua carta de recodimento firmada de Ruy Dias de Luazes prouisor et vigario geeral enna dita iglesia et obispado de Mondonedo / por lo reuerendo en Christo padre et sennor don Alfonso d-Acuna obispo da dita iglesia et obispado et firmada eso meesmo / de Pedro de Horozco coengo enna dita iglesia de Mondonnedo et notario da que dita carta o thenor he este que se sigue:
De min / Ruy Dias de Luazes bachiller en Decretos thesoureyro da iglesia de Ourense prouisor et vigario geeral da iglesia et obispado / de Mondonedo por lo reuerendo sennor don Afonso d-Acuna obispo do dito obispado de Mondonedo a bos Gomes / Fernandes clerigo cura et rector de Santiago de Brauos et a vos Afonso Martines de Forjan clerigo cura rector de Sayoane / de Vilaronte et a qualquer et a quaesquer outros clerigos et capelaas de todo o dito obispado soude en Deus. Façovos a saber / que Gonçaluo Peres de Laurada coengo et procurador do cabildo de Mondonnedo presentou ante min huas letras apostolicas et proçeso / sobre elas feito de anexaçon de çertos benefiçios çinples et prestamos de çerta suma de libras anexadas a la / mesa capitolar de Mondonedo por vertude das quaes o sennor obispo don Afonso Segura que Deus aja avia anexa/do aa mesa capitolar os benefiçios çinples de Santiago de Brauos et de Sayoane de Vilaronte que soya leuar / Afonso Gonçales defunto et por renunçiaçon que deles en suas maaos fesera o dito Afonso Gonçales con çerta pension segundo que ante / min paresçeu con outros çertos instromentos et recados signados de notarios et me pedio esta mina carta de recodimento / sobre elo para vosoutros curas das dita iglesias et para os flegreses de cada huna dellas porque vos man/do et a moesto en vertude de santa obediençia et sub penna d-escomoyon que vista esta minna carta et fordes requeridos por / lo dito procurador do dito cabildo ou por qualquer outro benefiçiado en seu nomme que logo lle leeixedes a posison rayal / et corporal de cada hun dos ditos benefiçios çinples asi vacantes que dante tennian por libros el calez et orna/mentos et canpaa tangida dela et deso mando sub la dita pena d-escomoyon a todos los flegreses de cada / hua das ditas iglesias que recudan et fasan recodir conpridamente ao dito cabildo et a seu çerto recado con to/dos los dizimos frutos et rendas et dereituras das ditas partes dos ditos benefiçios sinples asi dados et anexados / ao dito cabildo et no a outro nin a outras personas ninhuas que sejan. O qual asi mando sub a dita pena d-escomoyon / et sub as penas et çensuras apostolicas cotiudas enno dito proçeso apostolico en las quales quero que encorran a/queles que o contario fezeren ipso facto. Dada enna çidade de Vilamayor viinte et tres dias do mes de nouenbre / anno do nasçemento de noso sennor Jesucristo de mill et quatroçentos et çinquoenta en sete annos.
A qual dita carta asi / presentada et liuda o dito Afonso Martines coengo requirio por vertude dela a Afonso Martines de Forjan clerigo rector da dita iglesia / de Sayoane de Vilaronte que presente estaua sub as penas et çensuras en ela contiudas que a obedesçese et conprise / poendo et apoderando ao dito Afonso Martines coengo en nomme do dito cabildo et ao dito cabildo en sua prsona del enna / posison rayal abtual corporal uel quasi da dita meatade sen cura da dita iglesia de Sayoanne de Vilaronte que o / dito Afonso coengo leuaua et vsaua por lo dito cabildo a qual el avia renunçiado enno dito cabildo et fora anexada / a sua mesa capitolar espaço de tenpo et annos que diso que avia se non que protestaua que o dito Afonso Martines clerigo fose / obligado a todas las perdas et custas que o dito cabildo padeçese et demays de cada anno aas rendas / do dito benefiçio que estimou de cada anno en dous mill mor. et asi o pedia a min notario por testimoyo. Et logo / o dito Afonso Martines clerigo diso que obedeçia a dita carta et ha queria conprir et enna conprindo tomou logo hun libro / et vestimenta et hun cales et os poso enna maao ao dito Afonso Martines coengo en nomme do dito cabildo et tangeu a / canpaa da dita iglesia et diso que lle daua et deu a dita posison da dita meatade sen cura da dita iglesia et / ho enbestia et instituya et apoderaua en ela ao dito cabildo en persona do dito Afonso Martines coengo et estando y / presente Diego Afonso flegres da dita iglesia de Sayoane. Testemoyas que foron presente Ruy Peres et Juan Dourado coengos / do moesteiro de San Martinno de Mondonedo et Afonso Rodrigues raçoeiro da dita iglesia de Mondonnedo.
Et eu Diego Peres notario publico dado do sennor obispo de Mondonnedo enna sua çidade de Villamayor et en todas las / outras villas et lugares do seu obispado a todo esto que suso dito he con os ditos testigos presente foy et / este contrato de posison por minna maao escripui et por ende puje aqui este meu nome et / signal acostumado en testimoyo de verdade rogado et requerido para elo. Diego Peres notario. (Rúbrica). (Signo).

(Reverso):
M. v. 58. Posesiones de Brauos et de Vilaronte que vacaron por Afonso Gonçales canoigo.