GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

436
1342, setembro, 13. Lugo
Arias Pérez da Cruz e a súa muller dóanlle ao Cabido de Lugo unha casa en San Pedro de Lugo e reciben a cambio 20 soldos anuais.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 40r.

Galicia Histórica, t. I, n.º 6, 1902, p. 361.

En nome de Deus amen. Sabeam quantos esta carta viren commo nos, o dayam et o cabidoo de Lugo, da huna parte, et nos, Aras Peres da Cruz et Tareyia Pellaes myna muller, da outra, fasemos entre nos tal escambeo, vervo et pleito valedeyro para senpre. Coven a saber que nos, Aras Peres et Tareyia Pellaes, damos et outorgamos a vos, o dayam et cabidoo sobreditos, huna nosa casa que esta na çiudade de Lugo, que iaz entre huna nosa casa do canto per ut va para a rua Minaa da huna parte, et a casa de San Laçero que esta na rua chamada de Paysages per ut vam para o espital dos proves vergonçosos da outra; et esta dita casa vos damos et outorgamos asi commo esta demarcada entre-llas ditas casas commo vay dello portal desta dita casa que vos damos topar en fondo da casa de Iohan Scripvan que foy, con suas pertenenças et dereyturas, entradas et seidas, iures et agoas vertes, per ut quer que vaan sub a capella de San Pedro.

Et nos, o dayam et cabidoo sobreditos, damos et outorgamos et quitamos a vos, os ditos Ares Peres et a vosa muller Tareia Pellaes, et a toda vosa voz, viinte soldos de cada ano dos quareenta et çinquo soldos a que nos avemos de cada anno por aniversarios en outra nosa casa que esta enna dita çiudade de Lugo enna rua Minaa, entr’ellas casas de Fernan Martines, alfayate, et de Dominga Peres, sua muller, da huna parte, et da outra parte, a nosa casa en que ora mora Fernando Peres, dito da Madanella; et revellamos estes viinte soldos sobreditos desta nosa casa para senpre iamays que nunca vos seian demandados en nihun tenpo a vos nen a vosa vos.

Et nos as partes sobreditas reçebemos estas escambeas de casa et de dineiros sobreditos commo dito he, et outorgamos et obligamos a a boa fe por nosos bees de as faser de pas et de nunca viir contra ellas en todo nen en parte, en iuyço nen fora del, nen en outra maneira qualquer. Et que esto seia çerto nos, o dayam et cabidoo, rogamos et mandamos a Fernando Peres, notario publico de Lugo, que feçese ende duas cartas en hun tenor et posese en cada huna dellas seu nome et seu signal en testemoyo de verdade. Et por mayor firmidoe nos, o dayam et cabidoo sobreditos, mandamos seellar esta carta de noso seello.

Feyta em Lugo XIII dias de setenbro, era de mill et CCC LXXXta annos.

Testemoyas que foron presentes: don Fernan de Deus, chantre; don Alvar Diaz, archidiago de Neyra; don Aras Pellaes, archidiago de Deçon; don Pedro Iacome, iuyz; don Afonso Eanes, thesoreyro; Gonçalvo Peres de Mondonedo et Aras Peres, Vasco Rodrigues, Fernan Afonso, Johan Dias, coengos de Lugo; Johan Fernandes, raçoeyro; Fernando Garçia, notario de Lugo; Aras Peres, fillo do dito Aras Peres; Gomes Pellaes; Affonso Miguelles da Crus; Martin Lopes, fillo de Lopo Rodrigues ts., et outros.

Et eu Fernando Peres, sobredito publico notario da çibdade de Lugo dado polo bispo dese lugar, que a esto chamado et rogado presente fuy con as ditas testemoyas et fis escrivir esta carta et puge y meu nome et meu signal.