GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

966
1419, xaneiro, 26 xoves. Lugo

O Cabido de Lugo, atendendo a solicitude de Fernán Pérez, afóralle unha casa na rúa da Tanaría por doce soldos anuais.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 135 r. e v.
       

Ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et des et nove anos, joves, viinte et seys dias do mes de janeyro. En a çiudade de Lugo seendo y o chantre et outras persoas et coengos et benefiçiados da dita iglesia en seu cabidoo dentro en o coro da dita iglesia por campaa tangida, segundo que an de uso et de custume, estando y presente Fernan Peres, pedreyro, mestre da obra da dita iglesia, logo enton o dito Fernan Peres, mestre da dita obra, diso a o dito chantre et persoas et coengos et benefiçiados da dita iglesia, que presentes estavan, que ben sabian en como avian a quarta parte en huna praça, que esta en a çiudade de Lugo en a rua da Tanaria, junto con huna casa que he dos ditos anyversarios da iglesia de Lugo, et da outra yllarga junto con huna orta de Juan Carniçeyro, que foy, et de diante fere en a rua publica, et de saydo que fere en outra cortina de outras casas dos ditos anyversarios, que tevera en foro Rodrigo Afonso, sobrino de Roy Lopes, mercador; a qual dita quarta parte da dita praça era dos aniversarios da iglesia de Lugo, et el et sua muller, Tereyia Peres, que avian conprado os outros tres quartos da dita praça, et agora que lles pedia et pedeu que tevesen por ben de lle daren et outorgaren a dita quarta parte da dita praça con a sayda et agoa que avia de aver do poço que esta en dereyto as casas que foron de Gonçalvo Ares, pedreyro, para el et para a dita sua muller et sua voz para senpre, et el que queria logo pagar de penson de cada ano por toda a dita praça para os ditos anyversarios para sempre jamays dose soldos.

Et logo enton o dito chantre et persoas et benefiçiados do dito cabidoo diseron que lles prasia, et deron logo et outorgaron a o dito Fernan Peres et Tereyia Peres, sua muller, et a toda sua voz para senpre o dito quarto da dita casa con a sayda do dito poço et agoa que del avia de aver. Et o dito Fernan Peres asy o reçebeu et poso logo de penson et çenso de cada ano por toda a dita praça a a dita iglesia de Lugo os ditos dose soldos de cada ano para senpre jamays, et que os dese et pagase, a o rendeyro dos anyversarios, de cada ano por dia de San Martino de novembro el et a dita sua muller et toda sua voz para senpre jamays, para o qual teer et gardar et conprir diso que obligava et obligou a sy et a todos seus bees. Et o dito cabidoo et o dito cabidoo (sic)  con consintimento do dito Lopo Ferrnandes, coengo et rendeyro dos ditos anyversarios, asy lle deron et outorgaron a dita quarta parte da dita praça con tal condiçon que o dito Fernan Peres, nen sua muller, nen sua vos que non podesen vender, nen eallar, nen supinorar a dita praça salvo con a dita penson. Et de todo esto en como pasou as ditas partes mandaron a myn notario iuso escripto que fesese desto dous publicos instromentos hun para o dito, Fernan Peres, et sua muller et sua vos et outro para o dito cabidoo, et os signase de meu signal.

Que foy feyto et outorgado dentro en o coro da dita iglesia era et dias et mes sobreditos.

Testemoyas que estavan presentes: dom Afonso Lopes, chantre; dom Diego Alvares, arçidiago de Neyra; Lopo Dias, mestres/cola; Lopo Ferrnandes, Juan Lopes, Rodrigo Ares, Afonso Teyxeyro, Fernan Peres, coengos; et Juan Dias, coengo et lugartenente de vicaria por dom Juan Martines, dean de Lugo; Afonso Rodrigues, Fernan Ferrnandes, Roy Ferrnandes, raçoeyros.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et este instromento fis scripvir, et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Pedro Ferrnandes, notario.