GMH/ÍNDICE A-Z

240
1328, febreiro, 22. Lugo
Ante a petición formulada polo bispo para que se computen nas racións dous membros do Cabido que o acompañen, o Cabido manifesta a súa desconformidade.
MADRID, AHN, Cód. 1042 B, fol. 72v.

Era de mill et CCC LXVI annos, seys dias por andar do mes de fevreiro. Em presença de min Iacome Eanes, notario publico de Lugo, et das testemoyas que en esta carta son scriptas, estando enno sobrado das cassas de nosso sennor obispo don Iohan, este sennor presente et o dayam, don Fernam Aras, et don Fernam de Deus, chantres, et don Diego Ferrnandes, arcidiago de Deçon, et don Pedro Ruyz, iuyz, Aras Pellaes, Lopo Rodrigues, Aras Peres, coengos, et outros do cabidoo, o dito sennor disso et mandou a estes omees boos do cabidoo que contassen cada dia ennos dineiros das oras, et na raçon a dous homes boos do cabidoo que fossen con el por hu el fosse. Et enton respondeu o dito dayam et os outros homes boos do cabidoo et disseron et protestaron que estas duas raçoes nin ninhuna dellas que nunca as deran a os que fossem con-llo bispo, nen nunca as deran. Et o dito sennor mandou que os contassem ca era seu dereyto. Et o dayam et cabidoo sobreditos protestaron de [graven] et de o mostraren ali hu fosse seu dereyto, et de appelar se lles mester fosse. Et de commo esto passou por ante min notario sobredito, o dayam et os outros homes boos do cabidoo sobredito, pedironme ende hun publico estrumento en testemoyo de verdade.

Testemoyas que presentes foron: o dayan et o chantres et o arcidiago et o iuyz et Aras Pellaes, Lopo Rodrigues, Aras Peres sobreditos; et Affonso Eanes, raçoeyro, Pedro Iacome et Iohan Aras, home do bispo ts., et outros muytos.

Eu Iacome Eanes, notario sobredito, a esto presente foy esta carta en mina pressença fiz escrivir et a rogo do dayam et do cabidoo puge en ella meu nome et meu sinal en testemoyo de verdade. (+).