GMH/ÍNDICE A-Z

130
1433, xaneiro, 1

Juan Garçia Rouco outorga a Afonso García de Ouviña os 100 mrs. que lle debía dar Gonçalvo García de Liñares, morador no couto de Poio.

(f. 62 v)

Este dia o dito Juan Garçia quiso que Afonso Garçia d´Ouviña que ouvese os çent mrs. vellos que lle debia de dar Gonçalvo Garçia de Lynares, morador ẽno couto de Poyo, deste ano pasado que se finçeo por dia de San Martiño deste ano pasado de mill et quatroçentos et trinta et dous anos et deste ano de XXXIII anos et desde aqui en quanto sua voontade fore, et por esto o dito Afonso Garçia dou por livre ao dito Juan Garçia de çento et cinquoenta mrs. que lle devia por sentença que fora dada ontre el et o dito Juan Garçia por Rui mouro et Garçia Rodrigues et Lope Machado, seus homes boos, et de todo o contiudo na sentença, etc. Testemoyas ut supra.