GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro do Concello de Santiago

7

1416, agosto, 14
O Concello ordena ós procuradores paguen a Fernan Aras Xarpa 1.600 maravedís que lle correspondían dos marcos do Rei que este lle dera en mercede.
O Concello ordena pagar 12 maravedís ó notario, pola carta de repartimento que o arcebispo fixera en certos Concellos do seu arcebispado para o preito cos de Pontedeume, Vilalba e Ferrol.
O Concello ordena pagar a Sueiro da Enfesta, servente do mesmo, 40 maravedís polo seu salario de ir publica-la carta de repartimento ós Concellos que estaban interesados no preito con Pontedeume, Vilalba e Ferrol.
O Concello ordena que o procurador pague a Rui Fernández, notario apostólico, once maravedís polo gasto que fixo ó realizar varias actividades que lle encargara.
O Alcalde Martín Serpe declara ter recibido do procurador do Concello 1.300 maravedís do seu salario de alcalde.

Quatorse dias do mes de agosto. Sabean todos que seendo o conçello, justiças et omes bõos, regidores da çidade de Santiago juntados enno sobrado da notaria de min Rui Martines, notario publico jurado da dita çidade, por crida de anaffil segundo que han de custume, presentes ende Martin Serpe et Vaasco Fernades Troquo, justiças, et Martin Galos, Alvaro Alfonso Juliate, Afonso Fernandes Abril, Juan Ares da Cana et Gomes Rodriges, bachiller en Decretos, jurados enna dita çidade et Martin Fagundes et Pero Leal et en presença de min o dito Rui Martines, notario, et das testemoyas adeante scriptas, enton o dito conçello, justiças et omes bõos, regidores diseron que mandavan et mandaron a Gil Peres et a Bernald Eanes, procuradores do dito conçello que presentes estavan que de quasquer moravedis que avian de recabdar ou recabdasen por lo dito conçello que desen et pagasen a Fernan Ares Xarpa os mill et seisçentos moravedis de moeda vella, dos marquos de noso señor el rey (que lle foran librados enno dito conçello este dito anno) et que reçebese del la carta de livrança que lle avya dado Fernan Gonçalves recabdador et con ela et con este mandamento lles seerian reçebidos en conta os ditos mill et seisçentos moravedis. Testemoyas: Pero Eanes Abraldes et Juan Bugeyrete et Garçia Rodriges et Rui Fernandes, notario apostolico et Fernan Eanes notario del rey, visiños da dita çidade.
Predito. O dito conçello, justiças et omes bõos jurados diseron que mandavan et mandaron a o dito Gil Peres que dese a min o dito notario dose moravedis por meu selario da carta de repartimento que o señor arçobispo feso de çertos moravedis en çertos conçellos de seu arçobispado para a custa do pleito que os taes conçellos han con os conçellos da Pontedeume, Vilalva et Ferrol. Testemoyas, os sobreditos.
Predito. O dito conçello, justiças et omes bõos, mandaron a o dito Gil Peres, procurador, que dese a Sueiro da Enfesta, servente do dito conçello quorenta moravedis, branqua en tres dineiros, para seu selario de yr publicar a dita carta de repartimento a os conçellos a quen o dito negoçio tangia et enna dita carta eran declarados et que lle seerian reçebidos en conta. Testemoyas, os sobreditos.
Predito. O dito conçellos, justiças et omes bõos mandaron a o dito Gil Peres que dese a Ruy Fernandes, notario apostolico onse moravedis et medio, branqua en tres dineiros, que por mandado do dito conçello gastara en çertas cousas que lle mandara faser. Testemoyas, os sobreditos.
Predito. Sabean todos que eu Martin Serpe, alcallde da çidade de Santiago, connosco et outorgo que reçebi de vos Juan Garçia, canbeador, procurador que fostes do dito conçello o anno pasado que se fiinçeu por lo mes de mayo primeiro pasado deste anno da feyta desta carta mill et tresentos maravedis de moeda vella contando branqua a tres dineiros, os quaes maravedis eu ouve de aver do dito conçello este dito anno (+ 12) do selario de alcaldia tresentos maravedis (+ -12) por coller a renda mill maravedis et asi son conplidos os ditos mill et trescentos et dos quaes confeso et outorgo que so entrego et ben pagado et renunçio etc. etc a a ley etc Et eu Juan Garçia asi o reçebo. Testemoyas Gomes Rodriges, bachiller en Decretos, Pero Eanes Abraldes et Bernald Eanes do Camiño et Gil Peres, Canbeador et Juan Serpe, fillo do Dito Martin Serpe.