GMH/ÍNDICE A-Z

766
1377, maio, 15. Lugo
O clérigo Gonzalo Pérez dóalles ao bispo e á igrexa de Lugo todo o que posúe en Miçeteyro e Goián, freguesía de Santa María de Ferreira, para que digan misas por Estevo Pérez.
MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 101v.

Sabeam todos commo eu Gonçalvo Peres, clerigo, morador en Fontecaa, de minna propia voontade, non seendo constrengido por força nen deçebudo por enganno, dou en pura et firme doaçon para senpre iamays todas quantas herdades et vinnas et casas et arbores et iures et possissoes et pertenenças et dereyturas et entradas et seydas eu aio et me perteeçen en qualquer maneyra en agro Miçeteyro et en Goyan et en seus terminos, a montes et a fontes, peru quer que vaan sub signo de Santa Maria de Ferreyra, as quaes me perteeçen por compra que dellas fige a Andreu Iohannes, morador a o Rigueyro, cabeçaleyro d’Estevoo Peres d’Alfayadega, para el faser diser missas por la alma do dito Estevoo Peres, segundo se conten en huna carta que delo entrego a vos, o moyto onrrado sennor don frey Pedro Lopes da orden dos preegadores, por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, aqui faso et dou et outorgo a dita doaçon para vos et para a dita vosa iglesia de Lugo para senpre iamays commo dito he; a qual carta he feyta por Afonso Gonçalves, notario publico en Val de Ferreyra et en Moreda. Et logo por esta presente carta vos dou o iur et posisson et propiedade das ditas herdades et vinnas et casas et arbores con suas pertenenças et dereyturas, et tiro ende a min et a toda mina vos, et se d’aqui adeante usar ou outro por min delas, ou de parte, connosco que uso et posuyo por vos, o dito sennor obispo, et en voso nome et da dita vossa iglesia precario. Et obligo meus bees de vos faser a dita doaçon de pas; et porque esto seia çerto rogamos a Iohan Arias, notario publico de Lugo, que fesese ende esta carta.

Que foy feyta en Lugo, quinse dias de mayo, era de mill et quatroçentos et quinse annos.

Et nos, o dito sennor obispo, por nos et por la dita nosa iglesia asy reçebemos a dita doaçon.

Testemoyas que foron presentes: don Ruy Gonçalves, abbade do moesteyro de Samoos; don Iohan Afonso, abbade de Monforte; don Ioha Afonso, dayan de Lugo; don Gonçalvo Eanes, chantre; don Rodrigo Afonso, arçidiago de Deça; don Pedro Arias, arçidiago de Neyra; Iacome Ferrnandes, raçoeyro; Garçia Lopes, escudeyro, et outros.

Et eu Iohan Arias, notario publico de Lugo por autoridade do sennor obispo desse lugar, a esto fuy presente con as ditas testemoyas, et esta carta a rogo do dito Gonçalvo Peres escrivi et puge y meu signal en testemoyo de verdade.