GMH/ÍNDICE A-Z

412
1430, outubro, 17
Maior Pérez véndelle ao clérigo Pedro Fernández toda a súa herdade en Santo Estevo de Trasulfe por 150 marabedís.
MADRID, AHN, Carp. 1332 E/14, perg. orix., galego, gótica cursiva, 83x188 mm.

Sabiam quantos esta carta viren commo eu Moor Peres, filla de Pero Eanes, clerigo que foy de Santa Maria de Villa Fiis, natural da villa de Trastulffe, et de Maria Affonso, filla que foy de Iohan Domingues de y et de Maria Peres de Trastulffe, con outorgamento de Vaasco Rodrigues, meu marydo, que esta pressente et outorgante, de von curraçon et de boa voontade vendo a vos Pero Ferrnades, clerigo de Santiago d’Entrambas Agoas, et a toda vosa vos, todo quanto herdamento et vos eu aio, conven a saber a quinta parte de quanto herdamento avia o dito Pero Eanes, clerigo, et lle perteeçia d’aver por parte dos ditos seus padres et meus avoos de cumpras et de gaanças et d’avoenças, ygregareo et leygareo enna villa de Trastulffe et en todo seu termyo, con todas suas dereyturas et pertenenças, casas, arvores, formaes, a monte et a fonte per hu quer que vaa, sub sino de Sant Estevoo de Trastulffe, et reçebo de vos en preço por esta vençon çento et çinquenta moravedis desta moneda del rey don Affonso de que me outorgo por ben pagada, et obligo por min et por todos meus bees de vo-la façer de pas a todo tenpo, todo meu poderyo et senorryo ende seia remuudo et posto en vos et en vosa vos.

Feyta a carta XV dias por andar d’outono, era de mill et CCC LXXª et oyto annos.

Testemoyas que forron presentes: de San Viçenço Johan Ferrnandes, clerigo de Santa Ala de Bobeda, Afonso Ferrnandes de Progello ts.

Et eu Ferrnan Ferrnandes, notario publico dado por llo bispo de Lugo en terra de Pallares et no couto de Ferreyra, a rogo das partes a esto pressente foy et esta carta escrivy et puge y meu nome et meu sinal en testemoyo de verdade. (+).