GMH/ÍNDICE A-Z

157

1441, xuño, 28. Vilamaior-Mondoñedo.
Mandamento feito polo bispo de Mondoñedo don Pedro Enríquez de Castro ós fregueses de Santa María de Corbelle para que lle entregasen ó Cabido da Catedral os froitos correspondentes á metade sen cura da freguesía, que fora unida á Mesa Capitular.
A, papel, con sinatura do bispo e restos do selo de cera vermella no reverso, de 200 x 305 mm. Letra semigótica.

Nos don Pedro por la graça de Deus et da santa Iglesia de Roma obispo de Mondonedo et do consello del Rey noso sennor fasemos saber / a todos los moradores et prouadores que agora son et foren ao adeante enna fliguesia de santa Maria de Coruelle sita enna mestrescolia da / dita nosa diocesis que a nos por lo dean et cabildo da nosa iglesia catedral de Mondonedo foron presentadas çertas letras apostolicas dadas / por lo santo Padre Martino olim da boa memoria por las quaes entre las outras cousas se continna que avia anexado et vnido et / incorporado a la mesa capitular da dita nosa iglesia in perpetuum a meatade sen cura desa dita iglesia por renunçiaçon que dela fe/sera Gonçaluo Mendez canoigo ultimo benefiçiado et possessor que dela foy et nos foy pedido por lo dito dean et cabildo que desemos / noso consensu et autoridat aa dita anexaçon segundo et enna maneira que por lo dito santo Padre et seu juys apostolico foy feita / et eso mesmo que mandasemos dar nosa carta para vosoutros que lles recodisedes con a meatade da dita iglesia et fructos et cousas / a ela perteeçentes et nos veendo sua petiçon seer justa et seruiçio de Deus et acreçentamento do cultu diuino demos et concedimos / noso consensu et autoridat aa dita anexaçon et por la presente mandamos et amoestamos en virtude de santa obediençia et / sub penna d-escomoyon a todos bosoutros fligueses da dita iglesia que agora son et foren ao adeante en estes presentes escriptos et / por eles que de aqui endeante des este san Juan Bautista que agora pasou en este mes recudades et fagades recodir ben et conplidamente / con todas las cousas et dereitos et rentas et froytos aa dita meatade sen cura da dita iglesia perteesçentes aos ditos dean et cabildo / et a seu çerto recado et rendeiros et colledores et non a outro algun et os ajades por verdadeiros paçificos posseedores do dito benefiçio / de aqui adeante et non a outro algun et esto sen enbargo de qualquer rendo que seja feito por lo dito Gonçaluo Mendez canoigo a qualquer / persona que seja que nos por la presente carta o reuocamos et anullamos et mandamos que non valla saluo si for feito nouamente algun rendo por los ditos dean et cabildo de aqui adeante et lles mandamos que libremente leuen et ajan para si o dito benefiçio et ren/tas del et o arrenden a quen queseren et façan del sua voontade conplida commo de sua cousa propia. Dada enna nosa / çiudade de Vilamayor viinte et oyto dias do mes de juyo anno Domini millesimo ccc xl primo. Petrus episcopus midoniensis (Rúbrica).

Et eu Pedro de Horozco canoigo et notario do dito sennor obispo esta carta en que firmou de seu nomme escripui et por seu mandado puge / aqui meu nomme et por min pasou o contratto de seu consensu et ratificaçon et autoridat. Petrus de Horozco canonicus et notarius (Rúbrica).
(Reverso):
M. v. en el nº 8. Carta de consentimiento que dio el obispo don Pedro que se anexase el prestamo de Corvelle.