GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo

B 17

1441, xuño, 28. Villamaior-Mondoñedo.
O bispo de Mondoñedo don Pedro Enríquez de Castro (1426-1445), á vista da bula do papa Martiño V, prestou o seu consentimento para a anexión á Mesa Capitular da Catedral da metade do beneficio de Santa María de Corbelle e dos préstamos de Lindín, Quende e Santa Marta de Meilán, xunto coa cuarta parte de Vilamor.
A, perg., con selo notarial e cordón polícromo, de 230 x 323 mm. Letra semigótica.

Don Pedro por la graça de Deus et da sancta iglesia de Roma obispo de Mondonnedo et do consello del Rey nosos Sennor / por quanto por lo dean et cabildo da nosa iglesia cathedral da çiudade de Vilamayor de Mondonnedo nos foron presentadas çertas / letras apostolicas dadas por lo olim Padre santo Martino da boa memoria por las quaes letras et proçesso sobrelas confeito en/tre las outras cousas se contenía que o dito santo Padre et seu juys apostolico anexaran et avian anexado et vnido et incor/porado çertos benefiçios aa mesa capitular da dita nosa iglesia para augmento do culto diuino que se en ela da cada dia / çelebra et por ende si a nos perteeçe de dar autoridade et consensu aa dita anexaçon et vnion asi feita por quanto çertos benefiçi/os dos que asi son anexados se dizen seer da nosa apresentaçon et mesa obispal Nos por la presente en quanto en nos he et de / de dereito podemos damos et outorgamos todo noso consensu et asensu aa dita anexaçon et vnion asi feita aa dita mesa capitu/lar dos ditos benefiçios et de cada vn deles en ela contiudos et la aprobamos et ratificamos et avemos por rata et firme et / queremos et mandamos que valla para senpre jamais por noso tenpo et de nosos suçessores segundo et enna maneira que se en ela conten. / Et queremos et mandamos que os ditos dean et cabildo leuen et ajan perpetuamente sin enbargo algun os ditos benefiçios et gozen / deles segundo que leuan et han et gozan dos outros benefiçios anexos et vnidos aa dita sua mesa capitular. En testimoyo / do qual damos et outorgamos esta nosa carta firmada de noso nome et seelada de noso seello enpendente et mandamos / ao notario en ella contiudo que a signe de seu signo. Foy feita enna dita nosa çibdade de Vilamayor viinte et oyto dias do / mes de juyo anno do naçemento de noso sennor Jesucristo de mill et quatroçentos et quarenta et hun annos. Testigos / que foron presentes para esto chamados et rogados o bachiller Jacome Rodrigues et Ares Fernandes et Fernan Garçia / et Garçia Peres capelan raçoeyros da dita iglesia et Pedro Fernandes capelan da Triidade.
Petrus episcopus mindonienses (Rúbrica).
Et eu Pedro de Horozco canonigo et notario publico do dito sennor obispo a todo esto que sobredito he con os ditos testigos presente foy / et esta carta de assenssu et ratificaçon por mandado do dito sennor obispo que a firmou escrpui et a pedimento dos ditos dean et cabil/do que eran Pedro Marinno de Lobeira dean Lopo Ares de Vaamonde arcidiano de Montenegro Gommes Peres mestrescola Diego Aluares Afonso Gonçales Juan En/rriques Ruy Gonçales Gonçaluo Peres Juan Sangiao Pedro Martines Lopo Lopes Juan Danca canoigos a signey de meu signo acostumado que / tal he en testemoyo de verdade rogado et requerido. (Signo).

(Reverso):
M. v. en el nº 8. Consensu et recodimento sobre la meatade de santa Maria de Coruelle por lo obispo don Pedro et de outros benefiçios por lo Padre santo Martino quinto a este cabildo anexados.