GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro do Concello de Santiago

110

1419, marzo, 11.
O Concello ordena pagar a Nuño González de Vilariño, escudeiro do Adiantado Maior de Galicia, os maravedís correspondentes ó xantar do Rei, e soltase ó veciño de Santiago Vasco Fernández de Piloño.
Martín das Figueiras, Bacharel en Decretos e Alcalde Maior do Arcebispo no seu pazo e arcebispado, solicita do Concello axuda para facer xustiza en Martín de Vaya, que estaba preso na fortaleza de Rochaforte, solicitaba que o pregoeiro Domingo Longo fose con el polas trazas da cidade para facer pregón segundo era costume en semellantes casos e que como gracia especial que os alcaldes acompañasen ó citado Alcalde Maior ata acabada a xustiza que el entendía mandar hacer. Todo esto sen prexuízo dos privilexios, liberdades, usos e costumes da cidade.

Onse dias do mes de março, estando Gomes Rodriges, bachiller en decretos e Vaasco Fernandes Troquo, alcalles enna çidade de Santiago e Martin Galos e Juan Ares da Cana, jurados enna dita çidade ante as portas da notaria de Roy Martines, notario da dita çidade e en presença de min Fernan Eanes, notario etc, e escusador etc e dos testemoyas adeante escriptos; enton os ditos alcalles e jurados diseron que por quanto Nuno Gonçales de Vilariño escudeiro do Endeantado de Galiza, tomara e tiña tomado e prendido a Vaasco Fernan de Piloño, veziño da dita çidade, que presente era, suas bestas e viño que ao presente tiiña enna çidade d’Ourẽes por los moravedis do jantar de noso señor el rey deste anno que anda, os quaes moravedis o dito Deantado tiiña en merçede do dito señor rey e o dito Nuno Gonçales eso meesmo os tiiña en merçede do dito Deantado; por ende e porque por los ditos moravedis non se fesesen mays peñora a Garçia Rodriges e a Juan Dominges de Liñares, procuradores do conçello da dita çidade, que presentes eran, que de quaesquer moravedi que se recabdasen por lo dito conçello desen e pagasen ao dito Nuno Gonçales ou a seu procurador, seteçentos e viinte moravedis de moeda vella, branqua en tres dineiros, do dito jantar deste dito anno que se começou o primeiro dia do sobre dito mes de março e que alcançasen deles carta de pago e con ela e con este mandamento lle seria reçebydos en conta os ditos seteçentos e viinte moravedis. Testemoyas, Fernan Gomes e Pero Leyteiro e Nuno Vinagre e Juan Fernandes e Afonso de Ribadiso, vesiños da çidade.
(Fol. 55 vº)
Predito. Ante os ditos alcalles e jurados paresçeu Martin das Figeiras, bachiller en decretos e alcalle mayor do señor arçobispo de Santiago don Lopo en seu paaço e arçobispado e diso que el entendia de faser oje este dia justiça en Martin da Vãya que jazia preso enno castelo da Rocha Forte de Santiago e por quanto non podia fazer a dita justiça tan conpridamente como queria sen ajuda deles, por ende que lles rogava e pedia de graça que mandasen e desen liçençia a Domingo Longo, servente do Conçello da dita çidade, que presente era, que fose con el por las praças desta dita çidade a faser pregon, segundo que era custume de se fazer a os que eran julgados en caso semellante como o dito Martin da Vãya, e que eso meesmo rogava e pedia de graça espeçial aos ditos alcalles que lle fesesen conpania ata seer acabada a justiça que el entendia mandar faser enno dito Martin da Vãya e que esta graça e ajuda quelles pedia non fesesen enbargo nen perjuyso aos privilegios e libertades, usos e custume da dita çidade. E os ditos alcalles e jurados diseron que por honrra e rogo do dito Martin das Figeiras, que mandavan e mandaron e deran liçencia ao dito Domingo Longo que fose por las plaças da dita çidade con anafil ao fazer os apregõos, segundo lle fosen mandado por lo dito Martin das Figeiras, protestando que por dar a dita liçencia e mandamento agora e daqui endeante ao dito Domingo Longo ou a outro que soçedese enno dito ofiçio enno que dito he, que non fesese perjuiso aos privilejos e libertades da dita çidade nen o dito Martin das Figeiras nen outro alcalle algũo da casa e arçobispado do dito señor arçobispo nen de seus subcesores non se podesen por elo chamar a uso nen a custume algũo e o dito Domingo Longo, diso que hyria por onde fosen os alcalles da dita çidade e que mays non era obligado. Testemoyas, os sobreditos.