GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

804
1379, outubro, 20. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlle a Tareixa Álvarez e a unha voz a casa que habita na rúa do Burgo Novo por renda anual de 40 soldos.
MADRID, AHN, Cód. 420 B, fol. 23r.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos o dayan et chantre et omes boos do cabidoo da iglesia catedral de Lugo seendo iuntados enno coro da dita iglesia por campaa taniuda, segundo que avemos de uso et de costume, damos aforo et avervo a vos Tareyia Alvares, muller de Pedro Arias de Quintian que foy, et a huna persoa pus vosa morte qual vos nomeardes a tempo de voso finamento et se non for nomeada que fique a aquel que herdar vosos bees que seia huna persoa et huna casa dos aniversarios que esta enna rua de Burgo Novo a par da casa en que mora Lopo Peres, porteyro do dito cabidoo, et en que vos ora morades, a a tal condiçon que vos et a dita persoa que para esto for nomeada moredes et façades morar a dita casa por vos ou por outren, et a reparedes et apostedes do que lle feser mester en guisa que se non perça con mingoa de reparamento, et a mantenades en boo estado, et dedes de cada anno vos et a dita persoa que para esto for nomeada por foro da dita casa a o que tever et recadar os dineiros dos aniversarios en renda ou en fialdade por la dita iglesia quaroenta soldos desta moneda del rey don Juan, de que façen quatro dineiros novees tres soldos, et a a vosa morte et da postrimeyra persoa que a dita casa fique feyta et ben reparada, livre et quita et desenbargada con todos los boos paramentos que en ela foren feytos a a dita iglesia et cabidoo.

Et eu, a dita Tareyia Alvares, que presente estou por min et por la dita persoa asi reçebo de vos, os ditos omes boos, en nome da dita iglesia o dito foro et vervo da dita casa et por las condiçoes sobreditas, et obrigo meus bees et da dita pesoa de o comprirmos en todo segundo dito he. Et nos, os ditos dayan et omes boos, asy vos lo outorgamos.

Et porque esto seia çerto nos las ditas partes rogamos et mandamos a Pedro Afonso, notario publico de Lugo, que feçese desto duas cartas en hun tennor, signadas de seu signo, huna para a dita Tareyia Alvares seellada de noso seello, et outra no livro do cabidoo.

Feyta en Lugo, viinte dias d’outubre, era de mill et quatroçentos et XVII annos.

Testigos que foron presentes: don Johan Afonso, dayan; don Gonçalvo Eanes, chantre; don Rodrigo Afonso, arçidiago de Deça; don Alvar Dias, arçidiago d’Aveancos; don Pedro Arias, arçidiago de Triacastela; don Arias Peres, juys; Diego Gomes, thesoreyro; Tomas Gomes, Fernan Peres, Afonso Ferrnandes, Arias Ferrnandes, Ruy Lopes, coengos; et Afonso Eanes, et Jacome Ferrnandes, et Johan Garçia, Alvar Ferrnandes, raçoeyros; Gonçalvo Rodrigues, Fernan Rodrigues, Afonso Eanes das Cortinnas, Arias Peres, capelaes, et outros.

Et eu Pedro Affonso, notario sobredito dado por la abtoridade do bispo desse lugar, a esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente foy, et a rogo et mandado das ditas partes esta carta en minna presença aqui fis escripvir, et puje meu nome et signal en testemoyo de verdade que he tal.