GMH/ÍNDICE A-Z

1058
1440, marzo, 20. Lugo

O bispo de Lugo afóralles a Fernán Porteiro, á súa muller e a unha voz o lugar e as herdades de Meigasende na freguesía de Santa María de Muxa, por renda anual de cinco fanegas de centeo.

MADRID, AHN, Carp. 1333 A/9, perg. orix., galego, cortesá, 284 x 220 mm.

Sabean quantos esta carta de foro viren como nos don Alvaro Osorio por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, Obispo de Lugo, outorgamos et conosçemos que damos et aforamos a vos Fernan Porteyro, morador en a aldea de Gondin do couto de Lugo, que soodes presente, et a Moor Gonçalves, vosa muller, por vida de anbos et dous et de otra persoa despoys de vos qual o postromeyro de vos nomear en sua vida ou a tenpo de seu finamento, et se non for nomeada que seia quen herdar vosos bees de dereito, conven a saber ho nosso lugar, casas et herdades et formaes con suas entradas et saydas, a montes et a fontes, et cousas a el perteesçentes chamado de Meygasende, o qual dito lugar et casas et herdades ias et he sito et locado en a freygesia et sub o signo da iglesia de Santa Maria de Munia, o qual suya teer en foro Sancha Ritan, con tal condiçon que labredes o dito lugar et o reparedes ben et ho tenades ben labrado et reparado; et dedes de renda et foro a nos et a nosos suçesores et nosa iglesia et messa obispal vos et a dita vosa muller et persoa, en cada hun ano, çinquo fanegas de çenteo linpo de poo et de palla medido por a medida dereyta posto en o dito lugar de Santa Maria de agosto fasta Santa Maria de setembre; et non avedes de bender nen enpenar este dito foro a persoa alguna sen nosa liçençia et mandado, ou de nossos suçesores; et ha persoa que suçeder en o dito foro seia tiuda de viir mostrar como he persoa do dia que for nomeada por persoa fasta trinta dias primeyros seguentes sub pena de o perder; et a finamento da postromeyra persoa que o dito lugar et herdades et casas et cousas a el perteesçentes fiquen ben labradas et reparadas et en boo paramento a nos et a nossa iglesia et a nossos suçesores et messa obispal con todos los outros boos paramentos que en elo foren feytos.

Et eu, o dito Fernan Porteyro, que soo presente por min et por la dita mina muller et persoa asy reçebo de vos, o dito senor Obispo, este dito foro en a maneyra et condiçoes suso ditas, et para comprir et pagar obligo a min et a meus bees et das ditas persoas. Et nos, o dito senor Obispo, asy vos lo damos et outorgamos, et desto vos mandamos dar nosa carta firmada de noso nome et seellada de noso seello et signada de signo de Fernan Arias, notario da nosa çiudade de Lugo.

Feyta en a nosa çiudade de Lugo, viinte dias do mes de março, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et quarenta anos.

Testemoyas que foron presentes: Afonso de Villa Gomes, maestrescolla do dito senor Obispo; et Rodrigo Bernaldo, et Rodrigo Afonso de Leon, et Lopo Ferrnandes, capellanes do dito senor Obispo; et Juan de Gordon, et Afonso Arias, et Nuno Garçia, escudeiros do dito senor Obispo.

Alvarus, lucensis episcopus.

Et eu Fernan Arias das Moreiras, notario publico da çiudade et obispado de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente fuy et esta carta de foro, segundo que por min pasou, por mandado do dito senor Obispo et a rogo et pedimento do dito Fernan Porteyro aqui escrivi et aqui puge meu nome et signal en testemoyo de verdade que tal he.