GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

177
1319, febreiro, 8. Lugo

Don Xoán Eanes, tesoureiro, e Xoán García afóranlles a Afonso Pérez, á súa muller e a unha voz unha herdade en Vilamide e o pomar da Fonte por renda anual de media terza de pan, unha oitava de mazás, e por loitosa un boi e unha vaca.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 9v.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Iohan Eanes, thesoreyro de Lugo, prestameyro da iglesia de Santa Maria de Valonga, et Iohan Garçia, prellado desa iglesia, con outorgamento do dayam et do cabidoo de Lugo, damos avervo a vos, Affonso Peres de Paaços et a vosa muller Tareyia Gomes, et a huna pesoa simital qual o pustrimeyro de vos nomear a seu pasamento, a herdade que esta iglesia sobredita ha en Vilamide, et a pumarega chamada da Fonte a qual vos devedes a irar para iglesia de Valonga d'aquelles que a teen forçada. A a tal condiçon que vos que a lavredes et a paredes ben et a saquedes donde iouver mal parada. Et dedes cada anno a a iglesia sobredita huna mea terça de pan, et huna oytava de maçaas da dita pumarega en salvo vos et a pesoa sobredita. Et a vosa morte et da pesoa sobredita deve a ficar estas herdades et pumaregas a iglesia de Valonga, livres et quitas con quantos boos paramentos y foren feytos, et con hun boy et con huna vaca por loytosa. Et que esto seia certo damosvos ende esta carta seellada con noso seello et do thesoreyro sobredito.

Dada en Lugo oyto dias de fevreyro, era de mill et CCC L VIIe annos.