GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Fragmentos de notarios

D186A
1459, maio, 14
Varios veciños de Melias outorgan fianza para que o conde de Lemos poña en liberdade a Fernando de Golfariz, preso por razón dun achado de prata e ouro feito por un criado seu. (fols. 57v-58)
Et despoys desto enna dita çidade d’Ourense, quatorse dias do mes de mayo, anno domini CCCC LIX annos, Gomes de Cerdedo et Alvaro do Barbeyro et Diego d’Andello et Alvaro Carneiro et Vaasco de Caschoutal et Gonçalvo do Ryo et Pero de Çerdedo et Gomes da (lab)* Labandeyra et Pero Afonso de Sobrado, moradores enno couto de Mellees, se obrigaron que por rason que Fernan de Golfaris estava preso en poder do señor conde de Lemos, vasallo do dito señor conde, por rason de çerto achadego (que d)* de prata et ouro que disen que achou Gonçalvo de Sandoval seu criado (por ende que elles)* et agora o dito señor conde (fol. 57v)
lles dava o dito Fernando de Golfaris solto /e o fia(va)\ por ende que elles todos de man comuun et cada hun por lo todo se obrigavan por sy et por todos seus beens de tornar ao dito Fernando de Golfaris preso en poder do dito señor conde cada et quando que porla sua merçed fosen requeridos /ou por outro en seu nomme\ et demandados de o tornar do dito día que fosen requeridos a çinco dias primeiros sigentes, sopenna de pagaren de pena viinte mill pares de brancas, para
a.    o qual todos de man comuun et cada hun por lo todo obrigaron sy et todos seus beens et deron poder ao dito señor conde et a quaes quer justiças que exsecutasen en elles et en todos seus beens et renunçiaron a todas las leys et dereitos et outorgaron contrato forte e firme etç. Tests. que foron presentes Sueyro de Deça, Diego de Paaços et Namorante et Lopo de Deça.