GMH/ÍNDICE A-Z

1374
1488, agosto, 1. Lugo
O Cabido de Lugo concédelles en foro a Costanza Ares, esposa do escudeiro Álvaro Díaz de Cedrón, e a dúas persoas o Couto de Vilarfrío, por renda de seiscentos «pares de brancas». O matrimonio levaba antes o mesmo foro e agora subíuselle a renda.

MADRID, AHN, Carp. 1338 (sen numerar na unidade de instalación), perg. orix., galego, cortesá, 275 x 250 mm.

Saban quantos esta carta de dimitiçon et foro virem, como en o ano de mill et quatroçentos et oyteenta et oyto anos, esta feyra, o primeiro dia de o mes de agosto. Seendo juntos en cabildo las personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo dentro en a Capela de San Froylan, que es dentro en a iglesia cathedral de Santa Maria desta ciudade de Lugo, chamados por son de canpana, segun que han de uso et custume, logo eu Pedro Mendes, canonigo da dita iglesia, asy como notario dou fe a os ditos senores del cabildo en como Costança Ares, muller de Alvaro Dias de Cedron, escudeyro, que presente estava, foreyra que era do Couto de Vilarfrio con os lugares de Serees et con las herdades de Francellos por lo dito cabildo, et ho tenia en foro por sua vida et de outras duas personas et por precio de quinentos pares de brancas que por el avia a dar et pagar a os ditos senores et a seu moordomo, cada ano, lo demitia en os ditos senores del cabildo et prasia que de nobo lo fizesen a ella et a o dito Alvaro Dias, seu marido, et a as ditas duas personas depues elles por lo precio que se concordasen et ygualasen con o dito seu marido, et que ella o avera et averia por firme et valioso a todo tenpo. Et logo os ditos senores de cabildo diseron que reçebian et reçeberon la dicha dimitiçon et consentimento da dita Constança Ares, et de nobo façian et feseron foro et verbo do dito Couto de Villarfrio con todos seus terminos et seus [...] et herdades, bravas et mansas, et rentas et disimos et dereitos et dereituras, segun sempre andou ou debera de andar, et con os ditos lugares et casares de Seree et herdades de Francellos, segundo que a o dito cabildo et sua yglesia perteescia, a o dito Alvaro Dias de Cedron et a a dita sua muller, Costança Ares, por vidas de anbos et por outras duas personas despoys do postremeyro deles, que sean fillos ou fillas ou netos delles descendentes avendoos y, et non los avendo que todavia sejan as ditas duas personas depues elles das quaes aunque sejan deles descendentes o postremeyro deles nomee la pustrimeyra et aquella nonbre la outra ultima en vida ou en morte, et non seendo nomeada que sejan personas deste dito foro las que herdaren os beens huna de la outra suçessivemente, tanto que este foro fique senpre en huna persona sen se dividir ni partir, et que las taes personas depus lo postromeyro deles sejan suas semellables et non poderosas; et non lo possan vender, nin supinorar, nin enajenar sen licencia et abtoridade do dito cabildo. Et que elles et as ditas duas personas depues elles tenan o dito Couto et herdades et lugares ben labradas et reparadas et as casas, que en el estavan et ora estan feitas, dereitas, ben cubertas et reparadas et asy as mantenan de guisa que se non vaan a ermo nin a monte con mingoa de boo reparo et laborio, et asy as leyxar a o tenpo da vacaçon da postromeyra persona, et con todos los outros boos paramentos que en os ditos couto et beens foren feitos. Et con tal condiçon que cada persona, que en o dito foro susçeder depoys dos ditos Alvaro Dias et Costança Ares, seja tehuda et obligada do dia que en el subçeder fasta çinquo dias seguentes se vena mostrar a o dito cabildo como es persona do dito foro, sub pena de o perder non lo fazendo asy. Et que os ditos Alvaro Dias et Costança Ares, sua muller, et as ditas suas duas personas den et paguen de foro et çenso a o dito cabildo et a seu mayordomo, cada ano por San Martino, seysçentos pares de brancas, branca en tres dineiros, por lo dito Couto et lugares et bees susoditos, ou outra moeda corrente que os valla.

Et eu, o dito Alvaro Dias, por mi et por la dita mina muller et duas personas, asy reçebo o dito foro de vos, os ditos senores do dito cabildo, por la maneira et condiçoes susoditas, et mays por este ben et merçed que me ora fasedes vos dou et enparço a o dito foro et Couto de Vilarfrio para senpre jamays a mina cortina, que eu et a dita mina muller teemos, que es propria a a iglesia de Santa Maria Magdalena de Recatello, fora dos muros desta ciudade, que fere enfronte con outra de Afonso Yanes da parte de Sant Pedro, et d’outra parte fere en a encruçillada do camino que vay da Magdalena para o Castello, que levara huna fanega semente. La qual nos, o dito cabildo, desde agora reçebimos para nos et nosos subçesores, et vos la aforamos por vosa vida et da dita vosa muller et das ditas duas personas, et vos la juntamos a o dito Couto en o dito voso foro. Et daredes por ela de foro a nos et a o dito noso moordomo çinquoenta pares de brancas cada ano a o termino et tenpo que avedes a pagar los seysçentos maravedis de arriba, et asy que por todo aveys a dar et pagar vos et a dita vosa muller et duas personas seysçentos et çinquoenta pares de brancas a o dito termino, et non lo pagando por dous anos que vos lo possan reçeber et lo pergades por ello. Et asi mismo vacando o dito foro en qualquer maneyra que seja vaquo et fique con el et a dita iglesia a dita cortina.

Et eu, o dito Alvaro Dias, por min et por la dita mina muller asy vos la dou et outorgo et de vos en o dito foro asy la recebo con las condiçoes et maneyras susoditas, et obligo a min et a meus bees et da dita mina muller et personas de asy o teermos, conplirmos et pagarmos et atendermos en todo et por todo, et de seermos para todo ben et honrra da dita iglesia et benefiçiados dela. Et nos, os ditos senores do cabildo, asy vos lo outorgamos. Do qual nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario juso scripto que de et faga delo duas cartas de foro et enparçamento, anbas en un thenor, para cada parte la sua, et a dos aforadores seja seellada con o sello do dito cabildo et las signe de seu signo las vezes que conprir.

Que foy et passou en o dito lugar ano, dia et mes susoditos. Foron a ello presentes et outorgantes: Alvaro Garçia, chantre; Alvaro Dias de Lama, arçediano de Sarrea; Diego Gomes de Fonteyta, arçediano de Triacastella; Macia Afonso de Valboa, mestrescolla; Gomes Garcia de Goyoso, juys, vicario del dean; Gomes Ares, thesoreyro; Pedro de Mera, Afonso Martines de Galdo, Gomes Fernandes de Roys, Andres Gomes, Vasco Rodrigues de Parrega, Pedro Ferrnandes de Villafranca, bachiller en decretos, Pedro Gomes de Castroverde, juys de Mondonedo, Pedro de Parrega, canonigos prebendados; Francisco Yanes, et Afonso Ferrnandes de San Julao, raçioneros, et otros.

Et eu Pedro Meendes de Foriis, canonigo da dita iglesia de Lugo, notario publico por las autoridades apostolical et ordenaria et dos auctos capitulares do dito cabildo, a todo lo susodito en un con os ditos senores de cabildo et testigos presente foy et esta carta de foro, segun que por ante min pasou, a outro fis escripvir, et en mina nota resçebi et aqui puse meu signo et nome acostumado, que tal he, en testemoyo de verdade rogado et requerido. Et non enpeesca onde bay escripto sobre raydo que dis San Martyno porque aquel es el termino a que se a de pagar este dito foro, et onde dis Pineyra que foy erro de scriptor et eu lo aprovo.

Materias

acta; administración; arcediago; bacharel; beneficiado; branca; cabido; camiño; campá; canon foral; capela; capela; casas; catedral; chantre; cóengo; construción; cortiña; couto; deán; décimos; decreto; dereito; dignidades; doazón; escribán; escritura; escudeiro; esposa; esposo; familia; fidalgo; fortaleza; gran; igrexa; labores; linde; marabedí; mesa capitular; mestrescola; mordomo; muller; muralla; notario; notario capitular; racioneiro; renuncia; resignación; rexistro; selo; semente; subrogación; tesoureiro; tributos; vigairo; xuíz; xurisdición; renuncia

Persoas

Afonso Eáns; Afonso Fernández de San Xiao, racioneiro de Lugo; Afonso Martínez de Galdo, cóengo de Lugo; Álvaro Díaz da Lama, arcediago de Sarria; Álvaro Díaz de Cedrón, escudeiro; Álvaro García, chantre de Lugo; André Gómez; Diego Gómez de Fonteita, arcediago de Triacastela; Francisco Eáns, racioneiro de Lugo; Gómez Ares de Covelo, tesoureiro de Lugo; Gómez Fernández de Rois, cóengo de Lugo; Gómez García de Gaioso, xuíz de Lugo; Macías Afonso de Valboa, mestrescola de Lugo; Pedro de Parga, cóengo de Lugo; Pedro Fernández de Mera, cóengo de Lugo; Pedro Fernández de Vilafranca, cóengo de Lugo; Pedro Gómez de Castroverde, xuíz de Mondoñedo; Pedro Méndez de Furís, cóengo de Lugo; Vasco Rodríguez de Parga, cóengo de Lugo; Constanza Ares

Outros

Mondoñedo, cabido; Lugo, cabido

Lugares

Castelo; Castroverde; Fonteita; Francelos; Furís; Gaioso; Galdo, Santa María; Lama; Magdalena; Mera; Mondoñedo; Parga, antiga xurisdición; Recatelo, Santa Maria Madanela; Rois; San Xillao; Sarria; Serés; Triacastela; Valboa, antiga xurisdición; Vilafranca do Bierzo; Vilafrío