GMH/ÍNDICE A-Z

151 A

1434, febreiro, 23. Vilamaior-Mondoñedo.
O bispo don Pedro Enríquez de Castro mándalles ós cregos cureiros de Argomoso e Bián dar posesión dos préstamos de ámbalas parroquias ó Cabido de Mondoñedo e entregarlle as dereituras que a este lle correspondían.
A, papel, con rúbrica do bispo e do notario, de 218 x 298 mm. Letra semigótica.

Pedro por la graça de Deus et da santa Iglesia de Roma obispo de Mondonnedo fasemos a saber a uos Afonso Yanes clerigo cureiro de San Pedro de Argomoso et / a vos Roy Fernandes clerigo cureiro de Santa Maria de Bian et a qualquer outro clerigo do dito noso obispado que por esta nosa carta for requerido que nos perpetuamente aney/xamos et vnimos os prestamos coonsibles de San Pedro d-Argomoso et de Santa Maria de Bian con todos seus anexos et connexos et jurdiçon spiritual et tenporal / ad jure patronatus et outras quaesquer eclesiasticas dereituras a eles et a qualquer deles perteesçentes ao dean et cabidoo et mesa capitular da dita / nosa iglesia catedral da çibdade de Vilamayor os quaes prestamos agora vacaron nouamente por renunçiaçon que deles en nosas maos feso Juan / Ramos noso canonigo et prestameyro et posuydor que deles foy. Porque uos mandamos en vertud de santa obediençia et sub pena d-escomoyon a/moestandouos para elo en estes presentes scriptos trina canonica monicione premissa que logo vista esta nosa carta et por ela fordes requerido et requeridos / dende endeante vaades con o procurador do dito cabidoo ou con outro que del aja para elo seu espeçial poderio aas ditas eglesias de San Pedro d-Argomoso et de Santa / Maria de Bian et o asentedes et apoderedes realmente et con efecto enna posison real et corporal dos ditos prestamos et cousas a eles perteesçentes por libros et calices et vestimentas et canpaas et outros ornamentos das ditas iglesias segundo costume et a el asy poosto et apoderado mandamos sub a dita penna / de escomoyon a todos los fligueses et parrochianos tributarios et foreyros que agora son et foren daqui adeante ennos ditos prestamos que recudan / ben et conplidmente aos ditos dean et cabidoo ou a seu çerto recado con todos los froytos et rendas et jurdiçon spiritual et corporal et anexos et con/nexos et outras quaesquer eclesiasticas direituras aos ditos prestamos et a qualquer deles perteesçentes et guarden et tennan suas sentenças / et mandamentos et coutos por eles postos segundo millor et mays conplidamente recudiron ao dito Juan Ramos et aos outros prestameyros que dante / del foron ennos ditos prestamos et gardaron et estan en vso de gardar et conplir sua jurdiçon et sentenças et mandamentos et coutos. Et os / huns nin os outros non fagades ende al sub a dita penna d-escomoyon. Dada enna dita nosa çibdade de Vilamayor viinte et tres dias do mes de febreyro anno Domini millessimo quatuorcentessimo tricessimo quarto. Petrus episcopus mindoniensis (Rúbrica).
Eu Pedro de Horozco canonigo et notario do cabidoo da iglesia de Mondonedo por mandado / do dito sennor obispo aqui firmey de meu nomme. Petrus de Horozco canonicus et notarius (Rúbrica).

(Reverso):
O. 35. M. v. n. 24. Vnion del prestamo de Argomoso y prestamos de Bian el qual lleba Pedro Fernandez de Neira, arcediano de Lugo. Asele de pedir.