GMH/ÍNDICE A-Z

10
1300, xullo, 31. Lugo
O Cabido arréndalle ao tesoureiro don Xoán Eanes o casal de Maaree por 500 soldos anuais.
MADRID, AHN, Cód. 1042 B, fol. 42v.

Era de mill et CCC et XXXVIII annos, pustrimeyro dia de julio. O cabidoo arrenda a dom Johan Eanes, tesoreyro de Lugo, o casal de Maaree que tiina o joyz, por quinentos soldos desta moeda del rey don Fernando que ora corre, en salvo cada anno por dia de Pasqua. Et o joyz quitousse del. Et deu o tesoreyro fiador Aras Perez, coengo. Et depoys o cabidoo quitou a o thesoreyro C soldos destes dineiros por lo traballo que levou sobre la herdade de Marees.