GMH/ÍNDICE A-Z

D122
1459, abril, 24
Afonso Iáñez de Palmou, bacharel, mestrescola e beneficiario de varios préstamos, arrenda durante seis anos a Fernando do Vale e a Vasco de Ervo os dous terzos do beneficio de San Xoán de Palmou, un terzo do de Santa María de Filgueira e a metade dos de Santa María de Don Ramiro e San Martiño de Lalín, por 2500 mrs. anuais, así como as cargas que pesen sobre eles. (fols. 37-38)

Carta de arrendamento de Fernando do Valle et de Vasco d’Ervo dos benefiçios que lle arrendou o mestre escolla.

Sabean quantos esta carta de arrendamento viren como eu Afonso Anes de Palmou, bacheller en decretos, mestre escolla enna iglesia d’Ourense et prestameyro dos prestamos et benefiçios de /(Seoane) de\ Palmou et de Santa Maria de Filgeira et de Santa Maria de Don Ramiro et de San Martiño de Lalyn, arrendo a vos Fernando do Valle que sondes presente et Vasco d’Ervo que he ausente et a vos en voso nomme et del, conben a saber que vos arrendo as duas terças partes do dito benefiçio de San Joan de Palmou et hun terço do dito bene (fol. 37)
de Santa Maria de Filgeira et ameatade do dito benefiçio de Santa Maria de Don Ramiro et ameatade de San Martiño de Lalin, os quaes ditos prestamos dos ditos quatro benefiçios vos /arrendo\ deste día de San Joan Bautista do mes de juyo primeiro que ven /deste dito anno\ ata seys annos conpridos primeiros segentes seys novidades alçadas tan solamente et mays non, con estas condiçoes: que me diedes et pagedes de cada huun anno en pas et en salvo, non enbargante grando nen giada nen outro caso fortetuyto, en esta çidade postos por vosa costa, dous mill et quinentos mrs. de moeda vella branca en tres dños. de cada anno por cada dia de qendas janeyras, et mays que pagedes rey et Roma et see et padroes et todoslos outros encarregos aos ditos benefiçios perteesçentes /perteesçentes\ et do al que ajades et levedes para vos todoslos frutos e rentas, pan et viño e disemos e primiçias et esdoyras, foros e rentas, dereytos et dereyturas et outras quaes quer cousas a min perteesçentes de cada hun anno ennos ditos benefiçios por tenpo dos ditos seys annos livres e quites de todo outro tribuçeso /renta\ çenso et encarrego e renta alguna, et obrigo os beens dos ditos benefiçios para vos faser saaos et de pas os ditos benefiçios et prestamos et para vos defender con elles a dereito durante o dito tenpo /dos ditos seys annos\ segundo dito (fol. 37v)
he. Et eu o dito Fernando do Vale que soon presente por min et porlo dito Vasco d’Ervo que non he presente asy o outorgo et reçebo en min arrendados os ditos prestamos et renda dos ditos quatro benefiçios de vos o dito mestre escolla por las maneiras et condiçoes que ditas son et para /vos\ pagar de cada hun anno de renta porlos ditos prestamos et benefiçios en pas et en salvo en esta çidade d’Ourense por cada día de janeiro, non enbargante grando nen giada nen outro caso fortetuyto, os ditos dous mill et quinentos mrs. da dita moeda, et pagare/mos\ mays rey et Roma et see et padroes et todoslos outros encarregos aos ditos benefiçios et prestamos perteesçentes de cada anno, et conprir/mos\ et agardar/mos\ todas las cousas et condiçoens que en esta carta son contiundas et cada huna dellas obrigo a ello a min meesmo et a todos meus beens (movelles et reyses)* et do dito Vasco (do)* d’Ervo movelles et reyses, avydos et por aver, sobrelo qual nos as ditas partes damos poder conprido a quaes quer justiças que noslo façan asy todo teer, conprir et agardar et renunçiamos sobre elo a todas las leys et dereitos, et qual quer de nos as ditas partes que contra esto for ou pasar et o non coprir et agardar peyte aa parte agardante por nomme de penna çen frolliins douro et de peso, et a dita pena pagada ou non esta carta e as cousas en ela contiundas fiquen firmes et vallan por tenpo dos ditos seys annos. Feita a carta enna çidade d’Ourense, viinte et quatro dias do mes de abril, anno do naçemento do noso señor Ihesu Cristo de mill et quatroçentos et çincoeenta et nove annos. Tests. que foron presentes Rodrigo Gonçalves de Baçeiredo et Payo Macho et Fernan Lopes carniçeiro, vesiños et moradores enna dita çidade.
(Tests. Rodrigo Gonçalves de Baçeiredo et Payo et Fernando Lopes)*. (fol. 38)