GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1174
1466, novembro, 5 mércores. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Lopo Fernández, á súa muller e a dúas voces tódalas leiras de horto que posúen nas hortas da Porta Miñá, por renda anual de corenta marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 33 r.
   

Sabean quantos esta carta de foro viren como nos o cabidoo da iglesia cathedral de Santa Maria da çiudade de Lugo et seendo juntados qualesquer a o presente eran en a dita çiudade en noso cabidoo per son de canpaa tangida a par da porta por onde soben a os orgoos, lugar acustumado, segundo que avemos de uso et de costume, aforamos a vos Lopo Ferrnandes de Luases, morador en a dita çiudade de Lugo, et a vosa muller, Maria Afonso, et a outras duas personas despoys de vos, huna qual nomear a postromeyra de vos, ou se non for nomeada aquela que de dereyto herdar vosos beens, et asi a outra suçessive, todas las nosas leyras de orto, que nos teemos et nos perteesçen de dereyto en as ortas da Porta Minaa, que nos a nos et a nosa iglesia deran en donaçion et leyxaron Ares Peres do Cabalo, vesino da dita çiudade de Lugo, et sua muller, Lionor Garçia, cuias almas Deus aia, et por rason que nos dessemos a portaria da dita iglesia a o dito Ares Peres, et lles avemos de faser et fasemos huna proçession en dia de Gregorio, et en outro dia hun aniversario por las suas almas, segundo mays largamente se conten en o contracto da dita donaçion. Et queremos nos, o dito cabidoo, que se por ventura noso senor Deus levar da vida presente a o dito Lopo de Luazes primeyro que a a dita Maria Afonso, sua muller, que a dita Maria Afonso non posa bender, nen alienar o dito foro a persona ninguna nen traspasar, nen leyxar, nen faser persona del en sua vida, nen a tempo de seu pasamento salvo a fillo ou filla do dito Lopo de Luazes et seu, ou a quen dereytamente herdar os bees do dito Lopo de Luazes, et non en outra maneyra. Et con esta condiçon que o dito Lopo de Luazes et sua muller et personas sobreditas den et paguen, en cada hun ano, por lo dito foro dentro en a dita çiudade de Lugo en pas et en salvo por dia de San Martino de nobenbro, a o mordomo dos aniversarios do dito cabidoo, quarenta maravedis de moeda vella, contando branca en tres dineyros da moeda corrente, et que cada huna das personas que asi for nomeada por lo dito Lopo de Luazes, ou sua muller, que do dia que for nomeada por persona fasta treynta dias primeyros segentes se vena presentando et mostrando por persona ante nos, o dito cabidoo da dita iglesia, et asi a outra que verra despoys de aquella suçessive, se non que por esa rason mesma perga o dito foro.

Et eu, o dito Lopo de Luases, que presente estou asy reçebo o dito foro de vos, o dito cabidoo, segundo et en a maneyra que sobredita he, et obligo a meus beens et da dita mina muller et das ditas personas de o asi gardar et conprir et pagar, segundo que en esta carta de foro se conten, et de labrar et sarrar ben o dito orto et leyras del, et a o tempo do finamento da postromeyra persona que fiquen as ditas leyras et orto con todos los boos reparamentos que en elles foren feytos desenpanhados a vos, o dito cabidoo, et a vosos suçessores.

Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo outorgamos, segundo et en a maneyra que dita he et se conten en o dito cotracto de donaçon. Et porque seia çerto outorgamos et mandamos delo faser duas cartas de foro anbas en hun tenor por lo notario iuso escripto huna para vos, o dito Lopo de Luazes, et vosa muller et personas et outra para nos et nosos suçessores, et por mayor firmesa mandamos seelar con noso seelo pendente a carta de vos, o dito Lopo de Luases.
Que foy feyta et outorgada en a çiudade de Lugo en o lugar sobredito dentro en a dita iglesia, quarta feyra, çinquo dias do mes de novembre, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et sesenta et seys anos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron o dito foro: Afonso Martiis de Galdo, chantre; Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoreyro et vigario; Diego Ferrnandes de Luases, canonigo et vigario por lo dean; et Gomes Vasques, Juan Ares da Tulla; Diego Vasques, Juan Ares de Parga, Rodrigo Afonso, Pedro Martines, Diego de Fonteyta, canonigos da dita iglesia de Lugo.

Et eu Pedro Afonso, canonigo et notario publico da dita ciudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia desse lugar, a todo o suso contiudo con as ditas testemoyas presente foy, et esta carta de foro por outro fige escrivir, et aqui puge meu nome et signal acostumado en testemoyo de verdade que he tal. Rogado et requerido.

Non enpeesca onde vay escripto sobre raydo que dis en a dita, et onde vay escripto entre rengloes que dis mina, que eu o dito notario ho aprovo.

Petrus Alfonsi, canonicus et notarius.