GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Minutario notarial de Pontevedra

100
1434, febreiro, 13

Rui Peres, clérigo de Santa Maria de Perdecanai, en Terra de Moraña, vende a Rui Fariña, morador no couto de Arcos de Condesa, o casal do Pumar de Arcos por prezo de 270 mrs.

(ff. 46 v-47)

Trese dias do dito mes. Sabean todos que eu Rui Peres, clerigo de Santa Maria de Perdecanay, que he en Terra de Moraña, que soo presente et que faço por mĩ et por todas mĩas boses, non costrengudo por força nen por engãno resçebido, mas de mĩa livre et propia voontade, vendo firmemente et outorgo por jur de herdade para todo senpre, a vos Rui Fariña, morador ẽno couto d´Arquos da Condesa, que sodes presente, et a vosa moller Ynes Rodrigues et a todas vosas vozes et suas, todo o casal, casas, casares et chandados et viñas et herdades del que disen de Pumar da Arqua, que he ẽno dito couto, o qual a mĩ perteesçe por herança de mĩa tia Sancha Martis, moller que foy de Gonçalvo Eanes de Pumar d´Arqua; et vendo, como dito he, o dito // casal, casas, casares et plantados et bouças et resios, herdades et viñas del, onde quer que vãa, a montes et a fontes, et segundo et por la via que o eu tive et pesuy ata aqui, con cargo que vos et a dita vosa moller et bosas vozes dedes et pagedes aa tença d´Arquos da Igresia de Santiago, cujo o dito lugar he, todo o foro et dereito et penson que eu et mĩas boses eramos et somos obligados de lle pagar cada un ano, et demais por contia de dosentos et setenta mrs. de moeda bella, contando a branqua en tres dineiros, os quaes de vos resçeby en presençia deste notario et tesmoyas etc.; et renunçio etc.; et se mas val esto que vos bendo con o dito cargo douvoslo et outorgo en pura et justa et saa doaçon para todo senpre; et todo jur etc.; anparar etc.; por los bẽes do dito cabidoo de Santiago et meus etc. Et eu o dito Rui Fariña, que soo presente et que faço por mĩ et por la dita mĩa moller et nosas vozes asi o resçebo. Testemoyas: Rui Lourenço, clerigo de Santa Maria de Besomano, et frey Françisco de Deça, monje de San Juan de Poyo, et Pero do Sisto seu yrmão.

Feita.

Este Rui Fariña se obligou et prometeo, sobre cargo de sua conçiençia, que deste dia de Santa Mariña de juyo primeiro que ven deste ano faça diser por tenpo de dez anos hũa misa resada cada dia de Santa Mariña fasta seeren conpridos os ditos dez anos, que son en eles dez misas resadas ẽna igresia de Santa Mariña d´Arquos por la alma da dita Sancha Martis. Testemoyas ut supra.