GMH/ÍNDICE A-Z

252
1329, xuño, 3. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlle a Xoán Miguez e a unha voz un soar en Palas de Rei por cinco marabedís anuais e a obriga de construír unha casa.
MADRID, AHN, Cód. 1042 B, fol. 67r.- Cód. 416 B, fol. 107v-108r, incluída en: 1358-VII-2.

Era de mill et CCC LXª et sete annos. Sabeam quantos esta carta virem commo nos o dayan et cabidoo da iglesia da iglesia (sic) de Lugo, damos et aforamos a vos, Iohan Migueles de Palas de Rey, alfayate, et a vosa muller Mayor Peres, et a huna pesoa qual vos en vida ou a voso pasamento o postrimeyro de vos nomear para esto, a nosa praça de huna casa que esta enno burgo de Pallas de Rey no Caminno Françes que he desta nosa iglesia; a qual casa esta en dereyto d’una casa que he do moesteyro de Vilar de Donas, a a tal pleyto et vervo conven a saber: que vos os ditos, Iohan Migelles et vosa muller sobredita, façades en esta praça huna casa de paredes et con seus portaes et con seus sobrados semellavel a as outras casas que estan en ese burgo cabo dela; et esta casa avedes de façer deste San Johan que ora ven a hun anno primeyro que se segue da era desta carta. Et avedes a dar cada anno vos et a dita persoa çinquo maravedis, d’oyto soldos o maravedi, desta moneda del rey don Fernando, por cada dia de Santi Spiritus en Lugo en salvo a aquel que ouver de recadar os aniversarios da iglesia de Lugo por nos. Et a morte de vos et da dita pesoa devedes a leyxar esta cassa livre et quita con todo-llos boos paramentos que en ella foren feytos a iglesia sobredita. Et eu, Iohan Miguelles por min et por Mayor Peres, minna muller et por la pesoa que para esto for nomeada, outorgo et obligo todos meus beens et de façer et comprir esto commo sobredito he. Et que esto seia çerto et non venna en dulta nos as partes sobreditas mandamos a Fernan Peres, notario publico de Lugo, que feçese ende duas cartas en hun tennor.

Presentes foron: don Fernan Aras, dayam; don Pedro Ruys, juys; don Diego Ferrnandes, archidiacono de Deçon; Aras Pellaes, coengo de Lugo; Afonso Eanes, raçoeyro; Nuno Pellaes, clerigo; Pedro Miguelles, Afonso Gayo, Domingo Eanes, Françisco Guillelmes, coengos do aniversario; Fernando Aras, procurador, testemoyas. Et eu Fernan Peres, notario sobredito, a esto presente foy et esta carta scrivi et puge meu nome et meu signal. (+).