GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

e imponlle unhas obrigas que o deán e o Cabido aceptan.MADRID, AHN, Carp. 1332 G/12, p

separador

nosa iglesia cathedral de Lugo, et do cabidoo dela, et saude da nosa alma de consin

separador

timento do dean et cabidoo da nossa iglesia seendo iuntados segu

separador

or campaa tangida enna dita iglesia et cabidoo avendo delibrado et trautado primeiram

separador

ente con os ditos dean et cabidoo sobre las cousas de iuso scriptas, por

separador

or ende nos aprovandoo os ditos dean et cabidoo aneixamos as ditas coensia et sua pre

separador

esente et con o dereito de aver vos en cabidoo et escala en coro da dita nosa iglesi

separador

he de consintemento dos ditos dean et cabidoo a a dita capela por tal condiçon que D

separador

cada hun en seu tempo subçesive voz en cabidoo, et estado enno dito coro da dita igle

separador

os outros coengos dela, et que o dito cabidoo leve et aia para senpre por iur de er

separador

ra a dita capela, et que os aia o dito cabidoo commo dito he por los froytos et renda

separador

que asi seian anexados a a mesa do dito cabidoo para senpre todos los beens rayzes so

separador

an Afonso, aprovandoos os ditos dean et cabidoo; et de seu consintimento expreso orde

separador

osa iglesia de Lugo, et que o dayan et cabidoo dela seian tiudos de o resçeber entres

separador

ita capela suçesive; et que os dayan et cabidoo da dita iglesia seian tiudos et oblig

separador

do de suso a a mesa dos ditos dayan et cabidoo. Et esta dita coensia que seia dada p

separador

Outrosy ordenamos que o dito dayan et cabidoo vaan en proçison a a dita capela enno

separador

o, con outorgamento dos ditos dayan et cabidoo anexamos logo et iuntamos a a dita mes

separador

a do dito cabidoo a metade da iglesia de Santo Andre de

separador

con tal condiçon que os ditos dean et cabidoo et seus suçesores sian et leven os di

separador

oentes. Et outrosy an os ditos dayan et cabidoo de fezeren cada anno perpetuamente en

separador

cada huna delas, que os ditos dayan et cabidoo aian os dizemos et froytos et rendas

separador

que son anexados a a dita mesa do dito cabidoo que seian quitos commo son ous outros

separador

itas son. Et nos, os ditos dayan et cabidoo, que estamos presentes asy confirmamos

separador

nos, o dito sennor obispo, et dayan et cabidoo rogamos et mandamos a Gonçalvo Peres,

separador

nos, o dito sennor obispo, et dayan et cabidoo mandamos seellar esta nosa carta de n

separador

t a petiçon dos ditos sennor obispo et cabidoo este contracto aqui fiz scripvir en m

798
1379, xullo, 1. Lugo
Don Frei Pedro López, bispo de Lugo, aplica a unha coenxía vacante os bens e rendas correspondentes á capela de Santo Domingo por el fundada na catedral e imponlle unhas obrigas que o deán e o Cabido aceptan.

MADRID, AHN, Carp. 1332 G/12, per. orix., galego, gótica cursiva, 470x575 mm; incluída en: 1435-III-13, (CD n.º 1042).

LUGO, AC, Tumbillo Nuevo, fols. 148v-153r.

Saban todos que nos don frey Pedro Lopes da orden dos preegadores por la graçia de Deus et da Santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, entendendo que he [serviçio] de Deus et prol da nosa iglesia cathedral de Lugo, et do cabidoo dela, et saude da nosa alma de consintimento do dean et cabidoo da nossa iglesia seendo iuntados segundo que he de custume por campaa tangida enna dita iglesia et cabidoo avendo delibrado et trautado primeiramente con os ditos dean et cabidoo sobre las cousas de iuso scriptas, porque agora vaga en presente coensia et prebenda dela que vagaran enna dita iglesia por morte de Afonso Lopes, coengo prebendado que foy delas, por quanto elas non foron dadas despoys da morte do dito Afonso Lopes a persona ydonia et capas, por ende nos aprovandoo os ditos dean et cabidoo aneixamos as ditas coensia et sua prebenda con todos seus froytos et rendas et proveitos et con todos comprimento de dereito canonico et çivil a elas perteesçentes en futuro et en presente et con o dereito de aver vos en cabidoo et escala en coro da dita nosa iglesia, a a capela chamada de San Domingo que nos edificamos et fezemos dentro enna dita nosa iglesia, a qual dita capela nos aplicamos ia peça a os bees reyzes et herdades et posisoes que foron et ficaron de don Afonso, arçidiago de Deça, et de Gomes Ares de Pallares et de Mayor Afonso, sua muller, et de Fernando Afonso, coengo que foy da dita nosa iglesia, et outros que nos conpramos et gaançamos et que anexamos a a dita capela de cada anno commo dito he, et os quaes ditos beens asi os sobreditos commo os outros iaditos que nos compramos et gaanamos, commo dito he, son estes que se siguen de iuso: conben a saber enno lugar de Malle dous casares de erdade con as duas partes do paaço di et da erdade de Malle que foron do dito arçidiago de Deça; item en Logilde hun casal de erdade que foy de Afonso Cabeça; item en San Martino de Carvallido hun casal de erdade, item en Marçelle dous casares de erdade, item en Samasas hun casal de erdade, item en [Tramir] hun casal de erdade; item arredor da villa outras erdades; item enna villa huna casa nas Kalendas, et media de huna casa a o portal de San Françisco, item enna Triparia terço de huna casa que esta iunta con outra casa de Iohan Fernandes, item mays a praça das casas que foron de Afonso [Coquin]; item fora da villa a a Porta de San Pedro huna praça de casa que foy de Gomes Ares en que estava o forno, item as casas en que mora Gonçalvo Peres, notario, et Jacome Peres dos aniversarios; item en Portomarin huna vinna que foy de Afonso Fernandes, notario, et Costança Peres; item huna leira en Carude que foy do dito arçidiago que ten Juan Peres de Carude; item huna vinna en Rioboo; item a cortina que esta a par da nosa orta; item hun orto que esta huna adega que esta cabo esta casa que comprou Jacome Yanes, et outra casa que esta yndo para a rua Falageira en que soya teer pan o dito arçidiago; item huna leyra que esta yndo caminno de Gullada: item outra leira que ias na Ribela que ten Roy Fernandes, notario, et Costança Peres; item huna leira en Carude que foy do dito arçidiago que ten Juan Peres de Carude; item huna vinna en Balboa, que ten Garçia Lopes; item outra vinna en Gullade que conprou o dito arçidiago de Juan Yanes de Noseda; item hun casal pequeno en Gondiboos, et outro casal pequeno et quatro peças de vinna que comprou Afonso Ares da rua Falagueira, das quaes iaz hunna en Ribela de Fondo et outra a a chaa caminno de Gullade, et outra iaz a a Pedrosa, et outra iaz caminno de Val de Vez; item outra leyra que ten Fernan Afonso de Acoygue camino da Soreyra; item huna leyra que iaz a a ayra entre hun leiro de Estevoo Lourenço et outro do moesteyro; item outra leyra que y ha que trage Juan Miguelles das Portas Novas ou Domingo Yanes; item hun leyro en San Cloyo que iaz por labrar; item dous casares en Ribas que foron de Domingo Peres. Et esta aneyxaçon sobredita das ditas coensia et sua prebenda con todos seus dereitos sobreditos et con outros quaesquer que lle perteescan fazemos commo dito he de consintemento dos ditos dean et cabidoo a a dita capela por tal condiçon que Diego Lopes, capelan da capela, et proveytos et dereituras quaesquer segundo que de suso son declarados das ditas coensia et sua prebenda con todos seus dereitos sobreditos et con outros quaesquer segundo que de suso son declarados das ditas coensia et sua prebenda, et que se gosen todos los dereytos et privilegios et liberdades et franquezas et grasias delas et de qualquer delas et a elas et a qualquer delas anexos et demergentes et perteesçentes et dependentes segundo que deles et de qualquer deles se gozaren et deven gozar quaesquer outros coengos da dita iglesia cathedral de Lugo, et que os ditos capelaes da dita capela que sian para senpre cada hun en seu tempo subçesive voz en cabidoo, et estado enno dito coro da dita iglesia asi commo os outros coengos dela, et que o dito cabidoo leve et aia para senpre por iur de erdade para a sua mesa todos los beens reyzes sobreditos et todos los froytos et rendas et dereyturas deles que d’aqui endeante foren mandados et dados et devidos en qualquer maneira et por qualquer razon et maneira a dita capela, et que os aia o dito cabidoo commo dito he por los froytos et rendas et dereyturas sobreditos das ditas coensia et prebenda que an de aver et levar commo dito he o dito Diego Lopes, et despoys os outros capelaes da dita capela subçesive, et queremos que asi seian et an de seer anexados d’aqui endeante a a dita capela as ditas coensia et prebenda con todos seus dereytos sobreditos segundo se conten de suso que asi seian anexados a a mesa do dito cabidoo para senpre todos los beens rayzes sobreditos que foron dados et aprazados por nos commo dito he a a dita capela, et todos los outros que d’aqui endeante a a dita capela foren mandados et dados et devidos en qualquer maneira, con todos seus froytos et rendas et dereytos quaesquer asi eclesiasticos commo [...] et anexos [...] commo seglares et çiviis; et que o dito Diego Lopes et depoys del os outros capelaes que por tempo foren da dita capela cada hun en seu tempo suçesive han de diser enna dita capela para senpre sua misa a [loor] de Deus et de San Domingo, et por nosa alma [et por las de noso] padre et madre et avoos, et dos ditos arçidiago et Gomes Ares, et Mayor Afonso, et Fernan Afonso, aprovandoos os ditos dean et cabidoo; et de seu consintimento expreso ordenamos et estabelesçemos que depoys que morrer o dito Diego Lopes que aia a dita capela et que seia capelan dela para senpre suçesive hun clerigo ydoneo qual escoller et nomear para ello o parente mays propinco et mays chegado de noso linagen que for benefiçiado enna dita nosa iglesia de Lugo, et que o dayan et cabidoo dela seian tiudos de o resçeber entresy enna dita iglesia por seu coengo et companeiro, et que asi seia proviudo da dita coensia et de sua prebenda para senpre sen outra provison et colaçon et instituyçon et inbestiçon obispal por vertude da dita anexaçon a os capelaes da dita capela suçesive; et que os dayan et cabidoo da dita iglesia seian tiudos et obligados de as faser asi sanna et de paz con todos seus dereytos sobreditos a os ditos capelaes da dita capela suçesivemente, et non las fazendo asi saas et de pas con todos seus dereytos que se tornen todos los erdamentos et casas et beens sobreditos a a dita capela et a os capelaes dela suçesive; et a aquel coengo que asy for reçebido a a dita coensia et prebenda seia tiudo de servir a dita capela et a dizer en ela misa de cada dia, a qual misa ha de dizer por si mesmo non avendo outro enbargo legitimo, et avendo tal enbargo que posa y poer outro por seu escusador ydoneo et perteesçente para elo. Os quaes beens et casas et herdamentos posan tornar a a dita capela et capelaes suçesive sen enbargo da sobredita anexaçon que delo fezemos segundo he contiudo de suso a a mesa dos ditos dayan et cabidoo. Et esta dita coensia que seia dada para senpre perpetuamente et anexada a a dita capela para o capelan dela commo dito he. Et non avendo enna dita nosa iglesia benefiçiado de noso linageen quando acontesçe de se finar aquel que for coengo et capelan, que o mayor et mellor de noso linagen posa presentar clerigo de missa ou que posa logo ordenar de misa, que aia a dita coensia et prebenda dela, et que seia capelan et servidor da dita capela con as condiçoes que ditas son. Outrosy ordenamos que o dito dayan et cabidoo vaan en proçison a a dita capela enno dia das vesperas da vegilia de San Domingo do mes de agosto senpre, segundo que van a a outras capelas da dita iglesia por la vespera et dia de vocaçon delas, et que o capelan que for enna dita capela faça dizer os matiins cantados a a seyda da vespera do dia da vegilia da dita festa de San Domingo, et a misa cantada enno dito dia de San Domingo enna dita capela, segundo que se dizen os ditos matiins et misa ennas outras capelas da dita nosa iglesia et enna vigilia et dia et vocaçon delas. Outrosy nos, o dito sennor obispo, con outorgamento dos ditos dayan et cabidoo anexamos logo et iuntamos a a dita mesa do dito cabidoo a metade da iglesia de Santo Andre de Ribeira de Minno, et a metade da iglesia de Santa Maria de Ferreira sen cura, tanto que elas et cada huna delas vaguen por aqueles que as ora teen, con tal condiçon que os ditos dean et cabidoo et seus suçesores sian et leven os dizemos et rendas et froytos et dereytos que perteesçen a os quinoons destas iglesias, et que digan et fagan diser cada sabado perpetuamente enna dita capela de San Domingo huna misa cantada de Santa Maria a loor dela sen aquela misa que o dito capelan ha de diser enna dita capela, et a esta missa seian tiudos d’estar os benefiçiados que esteveren enna dita iglesia de Lugo, et que seia ofiçiada con duas capas et con seus [çeptros], et aqueles que vieren a esta misa aian et leven entresy aquela contia que y ouveren entresy a reparto, et que non seian tiudos de dar dos ditos moravedis a aqueles que y non vieren nen quiseren viir nen estar, salvo aqueles que enton foren doentes. Et outrosy an os ditos dayan et cabidoo de fezeren cada anno perpetuamente enna Resurreiçon de Pascoa huna proçison de Santa Maria enno sabado primeyro de resurreçon depus dominica in albis, segundo que a nos ora fasemos, et an de dar en esmola por ela de cada anno quinze maravedis; et nos, o dito sennor obispo, avemos a fazer et pagar en nossa vida a dita proçison ata que vagar en nosa vida cada huna delas, que os ditos dayan et cabidoo aian os dizemos et froytos et rendas et dereyturas dela ou delas, et capelan que pague o que sobredito he. Et a outra metade das ditas iglesias que fiquen a os clerigos que as teveren porque as servan, et paguen todos los custos et pedidos et procuraçoes et carregas de todas las ditas iglesias et os caseyros que labran os herdamentos sobreditos que son anexados a a dita mesa do dito cabidoo que seian quitos commo son ous outros caseyros et herdades de nos, o dito sennor obispo, de monas et peytos et trebutos et iantares et os gaandos deles, segundo ora y esta, de todo peyto et deven seer quitos os caseyros et herdades da dita nosa iglesia et de nos, o dito sennor obispo. Et non querendo o dito sennor obispo que for a o tempo fazer colaçon et provison da dita coensia et prebenda a aqueles que o parente mays chegado do linagen presentar, segundo o poder que lle para elo damos, que as ditas herdades et iures et posisons et beens reyzes de suso declarados fiquen a o dito presentado, que as aia para a dita capela segundo dante estava ordenado por las maneiras et condiçoes que ditas son.

Et nos, os ditos dayan et cabidoo, que estamos presentes asy confirmamos et outorgamos as ditas anexaçoos et outorgamos et prometemos por nos et por nosos suçesores de comprirmos et atendermos et gardarmos o que sobredito he por la maneira et con as condiçoes que de suso son postas et declaradas, et de non yr nen pasar contra elas por nos nen por outren en alguna maneira. Et que esto seia çerto nos, o dito sennor obispo, et dayan et cabidoo rogamos et mandamos a Gonçalvo Peres, notario publico de Lugo, que faça d’esto publico et publicos instromentos signados de seu signal et por mayor firmidue nos, o dito sennor obispo, et dayan et cabidoo mandamos seellar esta nosa carta de nosos seelos colgados.

Feyto foy esto en Lugo, primeyro dia de iulio, era de mill et quatroçentos et dez et sete annos.

Testemoyas que foron presentes: don Juan Afonso, dayan; don Gonçalvo Yanes, chantre; don Afonso [...]çidiago de Aveancos; don Rodrigo Afonso, arçidiago de Deça; don Pedro Ares, arçidiago de Neyra; don Lopo Yanes, arçidiago de Sarria; don Ares Peres, arçidiago de Deçon; don Pedro Ares, arçidiago de Triacastela; don Diego Gomes, thesoreiro; don Thomas Gomes, iuys; Fernando Peres, Afonso Fernandes, Roy Lopes, coengos; Juan Garçia, Afonso Yanes, raçoeyros enna dia [iglesia] [...] Afonso, notario de Lugo ts., et outros.

Et eu Gonçalvo Peres, notario publico de Lugo por lo sennor obispo dese lugar, a estas et a cada huna delas presente foy et a petiçon dos ditos sennor obispo et cabidoo este contracto aqui fiz scripvir en minna presença et aqui puge meu signal.

Materias

anexión; arcediago; beneficio; cabido; campá; capa; capela; casas; caseiro; catedral; chantre; cóengo; coenxia; colación; confirmación; constitución; construción; convento; coro; coro; deán; décimos; dereito; dignidades; doente; escritura; esmola; esposa; esposo; familia; festa; fidalgo; fisco; franciscano; fundación; gando; herdanza; igrexa; licenza; linde; liturxia; mesa capitular; mesa capitular; mosteiro; muller; muralla; nomeamento; notario; orde dos Irmáns Menores; ornamentos; padroádego; Pascua; pazo; pedidos; porta; Porta de San Pedro; Porta Nova; prebenda; presentación; privilexio; racioneiro; residencia; roupa; selo; soar; tesoureiro; tributos; vacante; xantar; xenealoxía; bispo

Persoas

Afonso Ares da Rúa Falagueira; Afonso Cabeza; Afonso de Azougue; Afonso Eanes, dito Coquín; Afonso Eanes, racioneiro de Lugo; Afonso Fernández, cóengo de Lugo; Afonso Fernández, notario; Afonso López, cóengo de Lugo; Afonso, arcediago de Deza; Ares Pérez, arcediago de Dozón; Constanza Pérez; Diego Gómez, tesoureiro de Lugo; Diego López, capelán; Domingos Eanes; Estevo Lourenzo; Fernando Afonso, cóengo de Lugo; Fernando Pérez, cóengo de Lugo; Gómez Ares de Pallares; Gonzalo Eanes, chantre de Lugo; Gonzalo Pérez, notario; Gonzalo Pérez, notario; Lopo Eanes, arcediago de Sarria; Maior Afonso; Pedro Ares de Parga, arcediago de Neira; Pedro Ares, arcediago de Triacastela; Roi Afonso, arcediago de Deza; Roi López, cóengo de Lugo; Tomé González, xuíz de Lugo; Xácome Eanes; Xácome Pérez; Xoán Afonso, deán de Lugo; Xoán Fernández; Xoán García, racioneiro de Lugo; Xoán Miguez das Portas Novas; Xoán Pérez de Carude; Pedro López de Aguiar, bispo de Lugo

Outros

San Francisco de Lugo, convento; Lugo, bispado

Lugares

Abeancos, arcediagado; Acoygue; Balboa, viña; Carballido, San Martiño; Carude; Deza, arcediagado; Dozón, arcediagado; Ferreira de Pantón, Santa María; Gullade, Santo Acisclo; Gundivós; Kalendas,; Lugo; Luxilde; Malle; Marcelle; Neira, antiga xurisdición e arcediagado; Noceda; Pallares, antiga xurisdición; Pedrosa; Portomarín; Ribas, casares; Ribeiras de Miño, Santo André; Ribela, vinna; Riobó; Roma; San Clodio de Aguiar, San Clodio; Sarria; Soreyra; Triacastela; Val de Vez