GMH/ÍNDICE A-Z

62
1308, setembro, 8
venda

Fernando Pérez, dito de Calvo, e a súa muller, Elvira Afonso, véndenlle ao mestre Xoán de Solbeira, cóengo, a herdade que lles pertence en Calvos por 2500 mrs., sacadas as casas de Calvos e o terreo dos Pumares.



ACOu, Bispo, 83

Conuçuda cousa seia a todos por aqueste scripto valedeiro por senpre que eu Fernan Perez dito de Calvos, fillo que foy de Pero de Calvos, presente mia moller Elvira Affonso e outorgante, por min e por toda mia voz vendo e por senpre outorgo a vos meestre Johan dito de Sorveyra coego d’Ourense e ad toda voz para senple toda herdade e voz que eu ey e a min perteençe ena villa de Calvos e en seu termio de parte de meu padre sobredito a monte e a fonte cun entradas e seydas, pastos, viñas, arvores, casas e terreos lavrados e por lavrar e cun todos seus dereitos e perteeças assi como me ficaren de parte de meu padre sobredito. E desta venda vos saco as casas de Calvos en que morou meu avoo Pero Mendez e mia avoa Maria Fernandez cun sas paredes e cun seu curral, e outrosy vos saco desta venda o terreo que iaz u chaman os Pumares, e en aquesta venda que vos eu faço vay huna leyra de terreo que eu ey en termio de Raveeda eno lugar a que chaman a Poçoca de deçimo a deus e livre doutro enbargo. Vendo vos a dita herdade e voz que vos e vossa voz aiades por herdade por senpre e façades dela vossa voontade e que paguedes ende aquello que vos acaezer eno jantar do bispo, e outorgo que reçebi de vos en preço pola dita vendiçon dous mill e quinentos mor. destes portugueses que agora corren de que contan xvi por por tres mor. E por esta carta pono vos e vossa voz no jur e na possison da dita herdade e voz, e prometo e outorgo defender vos e vossa voz a dereito cun ela por min e por meus bees, e renuncio assi que non possa dizer que de vos non reçebi o dito preço nen me possa chamar a engano en aquesta vendiçon. Et eu Elvira Affonso sobredita outrosi obligo min e meus bees a defender vos meestre Johan a dereito cun na dita vendiçon et vossa voz. Se alguen de qual parte quer que seia contra esta vendiçon que vos eu Fernan Perez sobredito fiz de meu grado quiser viir ou a quiser enbargar en parte ou en todo aya a yra de deus e peyte aa voz del rey de pena mill mor. da boa moneda e a carta ficar senple firme. Feyta a carta en Ourensse, viiiº dias de setenbro, era de mill e ccctos e xlvi anos. Tests. que a esto foron presentes Miguel Eanes clerigo sobriño que foy de Martin Ovella, Tome Martinez de Calvos, Domingo Perez tyo de Fernan de Calvos sobredito, Pay Martinez criado de don Johan Eanes que foy da Triidade, Pero Fernandez dito de Loyro que mora en Rayro.

Eu Domingo Eanes notario jurado por el rey en Ourensse presente foy a estas cousas sobreditas e scrivias e puge este meu signo en testimonyo de verdade que est atal.

(sinal)