GMH/ÍNDICE A-Z

1084
1450, agosto, 25. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Fernando Ferreiro e a dúas voces un casal en Ermunde por renda anual de 150 marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 10 r. e v.
   

Sabean quantos esta carta de foro viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo por son de canpaa tangida, segundo avemos de uso et de custume, dentro en a iglesia açerca da porta por donde soben a os orgoos da dita iglesia entendendo que façemos noso proveyto et de nosos suçesores, avido primeyro noso consello et madura deliberaçion, aforamos et damos aforo et avervo a vos Fernan Ferreyro de Hermunde, que sodes presente, et a duas personas despois de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a tempo de voso finamiento et outra qual nomear aquela persona que por vos for nomeada, et non seendo nomeada que seia quen herdar vosos beens, ou a mayor parte delles, de dereyto et asi da outra persona, o noso casar que nos teemos en o dito lugar de Ermunde con suas casas et casares et erdades et arbores et plantados, prados et pastos, segundo que ela nos perteeçe et perteeçer deve et segundo que nos lo deu don Fernando de Castro en escanbea por las nosas casas de Lugo he nos demos por lo dito casar, a tal pleito et condiçion que vos et as ditas personas tenades as casas do dito casar levantadas et cubertas et en boo paramiento, et as erdades del labradas et as que iasen en monte que as labredes onde labraren os outros moradores et labradores do dito lugar de Hermunde; et dedes de foro vos et as ditas persoas, en cada hun ano, por lo dito casar çento et çinquoenta maravedis de moeda vella de curtos, segundo se pagaren as outras rendas da dita iglesia por dia de San Martino de novembre a noso rendeyro et colledor das nosas rendas, postos en pas et en salvo en esta çiudade de Lugo; et a finamiento da postremeyra persona que suçeder en o dito foro que o dito casal et casas et erdades fique libre et desenbargado a nos, o dito cabidoo, et a nosos suçesores con todos los boos paramientos que en el foren feytos, et as ditas casas fiquen cubertas et levantadas et ben reparadas et as erdades do dito casar sacadas de monte et en boo paramiento; et con condiçion que cada huna das ditas personas que suçeder en o dito foro que do dia que en el suçeder por foreyra ata triinta dias logos segentes se vena mostrar en cabidoo seer foreyra do dito foro, sub pena que se o asy non feser que por ese mesmo feyto o dito foro (sic).

Et eu, o dito Fernando Ferreyro, que presente soo asi reçebo o dito foro do dito casar de vos, o dito cabidoo, para min et para as ditas personas por los modos, maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo a min et a meus beens et das ditas personas de teer, conprir et pagar todo o suso contiudo segundo et en a maneyra que en esta carta de foro sen conten.

Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo outorgamos et porque seia çerto outorgamos et mandamos dello faser duas cartas de foro por lo notario iuso escripto anbas en hun tenor huna para vos, o dito Fernando Ferreyro, et vosas persoas et outra para nos, o dito cabidoo, et por mayor firmesa mandamos seellar con noso seello pendente a carta de vos, o dito Fernando Ferreyro.

Que foy feyta et outorgada en a çiudade de Lugo en a dita iglesia et lugar, dia esta feyra, viinte et çinquo dias do mes de agosto, ano do naçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinquoenta anos.

Testigos que foron presentes: Afonso Martines de Galdo, chantre; Gonçalvo Peres de Carvallido de Sarrea, Vasco Rodrigues de Carvallido de Triacastela, arçidianos; Gonçalvo Rodrigues de Parga, thesoreyro; Rodrigo Afonso, Diego Fernandes, Diego Vasques, Lopo Garçia, Rodrigo Afonso das Camoyras, et Pedro Fernandes de Mera, coengos da dita iglesia de Lugo.

Et demays douvos a vos, o dito cabidoo, por amor de Deus et por remedio de mina alma para senpre por jur de herdade o meu terreo de Reboyro, que eu conprey a a Trindade, que lle deu meu padre Diego Ferreyro de Hermunde, o qual he sementadura de huna fanega de çenteo, et se o non fore obligo a min et a todos meus beens [...]erlo por las outras minas herdades que eu aio en o dito lugar de Hermunde con condiçon que van en este foro que me fazedes con as outras herdades do dito casar.

Et eu Pedro Afonso, canonigo et notario publico da dita ciudade et obispado por lo senor Obispo et iglesia desse lugar, a todo o suso contiudo con as ditas testemoyas presente foy et esta carta de foro por outro fige escrivir salvo esto que vay en bayxo escripto con mina mao des donde dis et demays ata esta mina subscripçon, et esto que escrivi con mina mao deve entrar arriba onde esta hun tal signal et começa logo et nos o dito cabidoo. Et aqui puge meu nonme et signal acostumado en testemoyo de verdade que he tal. Rogado et requerido.