GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1140
1461, maio, 8. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Roi López e a dúas voces unhas casas na rúa Nova, freguesía de Santiago, por renda anual de 24 marabedís e outras obrigacións.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 20 v.
   

Sabam quantos esta carta de foro virem como nos as personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo seendo sentados en noso cabildo açerca da porta dos orgoos, segundo que avemos de uso et de custume, damos aforo et avervo a vos Roy Lopes do Campo et a outras duas personas despoys de vos a huna que por vos for nomeada, et non ho seendo que seia aquella persona que herdar vosos beens de dereyto, et a outra que por ella for nomeada segundo dito he. Conven a saber hunas nosas casas dos aniversarios da dita iglesia que son sitas en a rua Nova, sub o signo da Capella de Santiago da çiudade de Lugo, as quaes son juntas con huna casa de Afonso de Castello, peliteyro, da huna yllarga, et da outra con outra casa que foy de Afonso Topyn, et fere de testa en a dita rua publica, et da outra parte en huna cortina da dita iglesia que foy de Fernan de Romae, clerigo da dita yglesia, con suas ortas, cortynas et saydos et jures et pertenenças, segundo que lles pertesçe, a tal pleyto et condiçon que fasta dous anos primeyros seguentes façades en ella et en cada huna dellas hun sobrado sen valcon et huna estrema fasta çima para que se partam huna da outra, et en cada huna sua camara; et avedes de ser obedientes a os benefiçiados da dita iglesia, et non avedes de yr contra elles, nen contra a dita yglesia contra rason et dereyto; et avedes de dar en foro, en cada hun ano, das ditas casas por dia de San Martino de novembre viinte et quatro maravedis de moeda vella de longos a o rendeyro que for dos ditos aniversarios, et a finamiento da postremeyra persona, que suçeder en o dito foro, que as ditas casas fiquen feytas, cubertas et ben reparadas a os ditos aniversarios, cuias son, con todos los boos paramentos que en elas foren feytos.

Et eu, o dito Roy Lopes, que presente estou asi reçebo o dito foro de vos, as ditas personas et benefiçiados do dito cabildo, para min et para as ditas personas por las maneyras et condiçoos sobreditas, et obligo a min et a todos los meus beens beens (sic) et das ditas personas de complirmos et pagarmos et atendermos en todo segundo et en a maneyra que dita he. Et nos, os ditos benefiçiados, asi vos lo outorgamos. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario iuso escripto que fezese delo duas cartas de foro, ambas feytas en tenor, et as signase de seu signo et por mays firmeça mandamos seellar a carta de vos, o dito Roy Lopes, con o seello do dito cabilldo.

Que foy feyto et outorgado dentro en a dita iglesia, oyto dias do mes de mayo, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et seseenta et un anos.

Testemoyas que foron presentes: Afonso Martines de Galdo, chantre; Gonçalvo Rodrigues de Parga, thesoreyro; Rodrigo Afonso da Rigueyra; Gomes Vasques de Paramo, Juan Vidal, Diego Fernandes, Diego Vasques, Lopo Garçia et Juan Ares de Parga, canonigos, capitullantes.

Et eu Rodrigo Afonso das Camoyras, canonigo de Lugo, notario publico por la autoridad apostolical, a todo esto que sobredito he en un con os ditos testigos presente foy et por rogo et mandado das ditas partes este instrumento de foro por outro fielmente fis escrivir, segundo que por ante min pasou, et por ende fis aqui este meu signo et nome acustumado rogado et requerido.